O GRUPO MUSICAL

Fuxan os ventos, chamado ás veces simplemente Fuxan, é un grupo musical galego formado en 1972 en Lugo no seo do Colexio Menor do Santísimo Sacramento de Lugo. O grupo participou co nome de Folk 72 no III Festival musical das San Lucas de Mondoñedo, onde gañaron o primeiro premio co tema “Fuxan os ventos”. A partir de entón adoptaron este nome para o grupo.