Fuxan os Ventos foi un acontecemento novo e dunha importancia enorme. Tivo unha actuación intensísima e chegou a milleiros e milleiros e milleiros de persoas. É un grupo esencial, e cando todo estaba, coma quen di, empezando, nos tempos heroicos da canción galega, foi realmente un dos fitos máis máis grandes da nosa historia cultural.
Darío Xohán Cabana | Poeta
Fuxan os Ventos é un grupo que tivo a toda Galicia como auditorio.
Miguel Lustres | Músico, colaborador en Terra de Soños
As súas cancións configuran unha parte da memoria cultural, mesmo da memoria política da historia contemporánea do país.
Luís Álvarez Pousa | Xornalista e poeta, autor de Sementeira
Cumpriron a misión de rescatar toda aquela música popular que estaba perdida nas aldeas. Neles hai moita vocación de populismo, no mellor sentido da palabra, a vocación de darlle transcendencia á xente do pobo.
Uxía | Cantante, colaboradora en Terra de Soños
Para o futuro do país necesitamos a Fuxan os Ventos.
Marica Campo | Poeta
Fuxan os Ventos foi e segue sendo un referente cultural, porque supuxo o inicio dunha canción na que se combinaba ideoloxía, folclore e composición.
Félix Otero | Músico, autor da música da Cantiga de Berce
Foron os primeiros, canda Milladoiro, que comezaron a utilizar a nosa zanfona, o cal achegou moitísimo a que nós daquela desenvolvésemos un instrumento que practicamente estaba esquecido.
Antón Corral | Artesán
Unha nova maneira de entender a música popular que tivo moito gancho e moita aceptación no pobo, porque as súas cancións eran cantadas por todo o mundo.
Pepe Ferreirós | Músico de Milladoiro, colaborador en Terra de Soños
Fuxan os Ventos non é só un grupo musical, é unha icona, algo que a xente ten no seu cerebro moi ancorado. Somos o que somos porque escoitamos as súas cancións.
Xosé Lois Romero | Músico, director musical de Terra de Soños
Estamos falando, sen máis, dun grupo histórico.
Guillerme Fernández | Músico, colaborador en Terra de Soños
Moitos dos rapaces da miña xeración medramos coas cancións de Fuxan os Ventos.
Benxamín Otero | Músico, colaborador en Terra de Soños
Fuxan os Ventos marcou un momento, foi un emblema dentro da música tradicional e popular galega.
Cuarteto Saiva Nova |Colaboradores en Terra de Soños
Creo que o meu primeiro contacto coa música de Fuxan os Ventos foi no carro dos meus pais; era, dalgún xeito, a sintonía que nos acompañaba en cada viaxe.
Xabier Díaz | Cantante, colaborador en Terra de Soños
Todos os que tocamos neste país escoitamos as fitas de Fuxan os Ventos nos coches dos nosos pais, oímos os nosos pais falar deles e, dalgunha maneira, representaban a posibilidade de facer música en galego nun país no que non andamos sobrados de referencias musicais. Puxeron cancións en galego na boca de todo o mundo.
The Homens | Músicos
Son grandes voces que, para nós, os máis novos, sempre foron unha referencia. Un pobo non é nada se non ten en conta o seu pasado, o seu presente e, dende logo, se non é capaz de mirar o futuro.
Guadi Galego | Cantante, colaboradora en Terra de Soños
A música de Fuxan os Ventos forma parte do patrimonio de todos. Se os Rolling Stones son un orgullo para a cultura británica, como non van ser Fuxan os Ventos un orgullo para a nosa cultura?
Fran Pérez (Narf) | Músico
Fuxan os Ventos representan un movemento social importante nunha Galicia na que imperaba o silencio.
Mercedes Peón | Cantante, colaboradora en Terra de Soños