• A terra arada e labrada
    só quere ser sementada

    Manuel María | Poeta

  • Fuxan os Ventos foi un acontecemento novo e dunha importancia enorme. Tivo unha actuación intensísima e chegou a milleiros e milleiros e milleiros de persoas. É un grupo esencial, e cando todo estaba, coma quen di, empezando, nos tempos heroicos da canción galega, foi realmente un dos fitos máis máis grandes da nosa historia cultural.

    Darío Xohán Cabana | Poeta

  • Fuxan os Ventos é un grupo que tivo a toda Galicia como auditorio.

    Miguel Lustres | Músico, colaborador en Terra de Soños

  • As súas cancións configuran unha parte da memoria cultural, mesmo da memoria política da historia contemporánea do país.

    Luís Álvarez Pousa | Xornalista e poeta, autor de Sementeira

  • Cumpriron a misión de rescatar toda aquela música popular que estaba perdida nas aldeas. Neles hai moita vocación de populismo, no mellor sentido da palabra, a vocación de darlle transcendencia á xente do pobo.

    Uxía | Cantante, colaboradora en Terra de Soños

  • Para o futuro do país necesitamos a Fuxan os Ventos.

    Marica Campo | Poeta

  • Fuxan os Ventos foi e segue sendo un referente cultural, porque supuxo o inicio dunha canción na que se combinaba ideoloxía, folclore e composición.

    Félix Otero | Músico, autor da música da Cantiga de Berce

  • Foron os primeiros, canda Milladoiro, que comezaron a utilizar a nosa zanfona, o cal achegou moitísimo a que nós daquela desenvolvésemos un instrumento que practicamente estaba esquecido.

    Antón Corral | Artesán

  • Unha nova maneira de entender a música popular que tivo moito gancho e moita aceptación no pobo, porque as súas cancións eran cantadas por todo o mundo.

    Pepe Ferreirós | Músico de Milladoiro, colaborador en Terra de Soños

  • Fuxan os Ventos non é só un grupo musical, é unha icona, algo que a xente ten no seu cerebro moi ancorado. Somos o que somos porque escoitamos as súas cancións.

    Xosé Lois Romero | Músico, director musical de Terra de Soños

  • Estamos falando, sen máis, dun grupo histórico.

    Guillerme Fernández | Músico, colaborador en Terra de Soños

  • Moitos dos rapaces da miña xeración medramos coas cancións de Fuxan os Ventos.

    Benxamín Otero | Músico, colaborador en Terra de Soños

  • Fuxan os Ventos marcou un momento, foi un emblema dentro da música tradicional e popular galega.

    Cuarteto Saiva Nova |Colaboradores en Terra de Soños

  • Creo que o meu primeiro contacto coa música de Fuxan os Ventos foi no carro dos meus pais; era, dalgún xeito, a sintonía que nos acompañaba en cada viaxe.

    Xabier Díaz | Cantante, colaborador en Terra de Soños

  • Todos os que tocamos neste país escoitamos as fitas de Fuxan os Ventos nos coches dos nosos pais, oímos os nosos pais falar deles e, dalgunha maneira, representaban a posibilidade de facer música en galego nun país no que non andamos sobrados de referencias musicais. Puxeron cancións en galego na boca de todo o mundo.

    The Homens | Músicos

  • Son grandes voces que, para nós, os máis novos, sempre foron unha referencia. Un pobo non é nada se non ten en conta o seu pasado, o seu presente e, dende logo, se non é capaz de mirar o futuro.

    Guadi Galego | Cantante, colaboradora en Terra de Soños

  • A música de Fuxan os Ventos forma parte do patrimonio de todos. Se os Rolling Stones son un orgullo para a cultura británica, como non van ser Fuxan os Ventos un orgullo para a nosa cultura?

    Fran Pérez (Narf) | Músico

  • Fuxan os Ventos representan un movemento social importante nunha Galicia na que imperaba o silencio.

    Mercedes Peón | Cantante, colaboradora en Terra de Soños

ESTE ANO 2022 CELEBRAMOS OS 50 ANOS DE EXISTENCIA

50

Anos

SÍGUENOS NAS REDES SOCIAIS

© Copyright - Fuxan os ventos