HABÍA QUE PASAR POLA CENSURA
Todos os temas do repertorio de cada actuación debían pasar con anterioridade pola Oficina de Información e Turismo para seren revisados polo censor que tocase.
Todos os temas do repertorio de cada actuación debían pasar con anterioridade pola Oficina de Información e Turismo para seren revisados polo censor que tocase.
Nestes primeiros anos, e ben andado o tardofranquismo, todos os temas do repertorio de cada actuación debían pasar con anterioridade pola Oficina de Información e Turismo para seren revisados polo censor que tocase.
Non era raro que algunha canción aparecese co selo de «DENEGADO» («O corvo», de Mini, e «A emigración», de Curros Enríquez). A modo de anécdota, no noso repertorio había dúas cancións que compartían o mesmo título, «A emigración», unha en castelán e a outra de Curros Enríquez. A primeira sempre viña autorizada e a segunda denegada. Nalgunha ocasión presentabamos «La emigración» e interpretabamos «A emigración». Curiosamente, «La emigración» foi a última canción que Fuxan cantou en castelán. Coincidiu co día 25 de abril de 1974 (data da Revolución dos Caraveis en Portugal), e cantámola en Madrid, no festival organizado por «Puente Cultural», a primeira vez que Fuxan saía de Galicia.
A maioría dos temas obtiña o permiso, indicando «AUTORIZADA PARA MAYORES DE 14 AÑOS» ou «AUTORIZADA». E mesmo nalgunha actuación aparecía na primeira fila un señor traxado, cunha listaxe na man, para comprobar o que cantabamos. Así mesmo, cónstanos a denegación do permiso para actuar no San Froilán de Lugo no ano 1975.