A REAPARICIÓN
A nosa actuación en Lugo en 1997 tivo un peso importante para que nos decidísemos a preparar un novo traballo, para falarmos da posibilidade de volver gravar e valorar temas.
A nosa actuación en Lugo en 1997 tivo un peso importante para que nos decidísemos a preparar un novo traballo, para falarmos da posibilidade de volver gravar e valorar temas.
A nosa actuación en Lugo en 1997 tivo un peso importante para que nos decidísemos a preparar un novo traballo, para falarmos da posibilidade de volver gravar e valorar temas, e tamén para darmos resposta ante a crecente demanda por parte das discográficas e de diversas entidades solicitando as nosas actuacións.
A aceptación deste novo reto cristalizou, tras longos meses de traballo, no disco Sempre e mais despois, publicado en abril de 1999, logo de quince anos sen gravarmos, que irrompe en plena eclosión da música folk galega.
Con este novo disco manifestamos o desexo de renovar a nosa vocación máis prístina, enriquecida por anos de maduración musical, coa convicción de que nos temas que recollemos latexa dalgún xeito o canto da memoria do ser galego esencial que perdurou e ha perdurar. A idea de permanencia máis aló do tempo exprésase a través dos versos de Manuel Antonio que eliximos e dos que tomamos o título:
O disco inclúe 13 temas, todos eles tradicionais, uns recollidos por nós e outros recuperados de cancioneiros. Nel salienta a conservación do noso timbre característico (coa voz como elemento expresivo fundamental), sen renunciar á lóxica evolución en canto a arranxos –a maior parte deles obra de Xoán Fuertes– e a unha máis ampla e coidada utilización de instrumentos.
Contamos ademais coas colaboracións de Miguel Lustres (acordeón), Carlos Castro (percusión), Xosé Álvarez (arpa), Ana Herba (clave), Xaquín Xesteira «Xocas» (pandeireta) e Antonio López (pandeireta).
No Nadal de 1999, acometemos unha nova gravación dun dos nosos temas máis paradigmáticos para o especial de Fin de Ano emitido pola TVG, «A Carolina», popularizado dende a súa primeira versión, dada a coñecer no disco Sementeira (1978), desta volta cuns novos arranxos dos que se encargou Xoán. O traballo levouse a cabo no Estudio Areamaster (Anxo Maciel), e a canción pasou a estar en Internet para a súa distribución gratuíta.
Do ano 2000 data a nosa colaboración no disco O sentir dunha terra do grupo Astarot (Discmedi), co tema «Miudiño» e o «Romance da lavandeira».