ARRINCAMOS!

En 1972, ao grupo de mozos ocórreselle a idea de formar un grupo folk, e as rapazas do coro xa citadas axiña se suman. Pronto, Conchita e Ana abandonan o grupo primixenio, ao que se suma Paco Nieto. Foi así como naceu unha formación, cuxos compoñentes tiñamos entre dezaseis e vinte anos.