A

Disco:Sementeira
Letra e música: tradicionais
Arranxos: Tereixa Novo

Disco: Terra de soños
Arranxos: Xosé Lois Romero

A saia da Carolina,
ten un lagarto pintado;
cando a Carolina baila,
o lagarto dálle ao rabo.

Bailaches, Carolina?
Bailei, si señor!
Dime con quen bailaches
Bailei co meu amor
Bailaches, Carolina?
Bailei, si señor!

A Carolina é unha tola
que todo o fai ao revés;
vístese pola cabeza
e íspese polos pés.

Bailaches, Carolina?
Bailei, no cuartel!
Dime con quen bailaches
Bailei co coronel
Bailaches, Carolina?
Bailei, no cuartel!

O señor cura non baila
porque ten unha coroa.
Baile, señor cura, baile,
que Deus todo llo perdoa.

Bailaches, Carolina?
Bailei, abofé!
Dime con quen bailaches
Bailei co meu Xosé.
Bailaches, Carolina?
Bailei, abofé!

No curro da Carolina
non entra carro pechado;
na máis entra Carolina
co seu cocho polo rabo.

Bailaches, Carolina?
Bailei, si señor!…

Co teu amor Carolina
non volvas a bailar,
porque che levanta a saia
e é moi mala de baixar.

Disco: Noutrora
Letra e música: Tradicionais
Adaptación e arranxos: Ramón Díaz

Disco: Terra de soños
Arranxos: Xosé Lois Romero

Costureiriña bonita,
onde tes os teus vestidos?
Téñoos na hucha gardados,
ai, si; ai, non,
para poñer os domingos.

Costureiriña bonita,
dime onde tes a cama.
No poleiro das galiñas,
ai, si; ai, non,
nunha presiña de pallas.

Costureiriña bonita,
dime onde tes o niño.
Nun carballo da Illana,
ai, si; ai non,
no máis alto ramalliño.

Costureiriña bonita,
onde gardas os melindros?
Téñoos na hucha gardados,
ai, si; ai non,
para comer os domingos.

O amor da costureiriña
era papel e mollouse;
e agora costureiriña,
ai, si; ai, non,
o teu amor acabouse.

Disco: Na memoria dos tempos e Terra de soños (DVD)
Letra e música: Tradicionais
Arranxos: Ramón Díaz e Xoán Fuertes

Por aqueles campos verdes
unha romeira camiña
gardapés verde levaba,
corpiño de granadía,
chapeu con cinta encarnada
que os ollos lle ensombrecía.
Pasando entre unhas silveiras
a saia se lle prendía.
Mira a un lado e mira ao outro
por ver se alguén a seguía,
vira vir un cabaleiro
que de amor a pretendía.
Vaise correndo tras ela
e alcanzala non podía;
atopouna descansando
ao pé dunha verde oliva.
‒Por Deus che pido, señor,
por Deus e Santa María,
que me deixes ir honrada
cumprir a miña romaría!
O cabaleiro é malvado,
díxolle que non quería,
colléronse brazo a brazo
e tumbala non podía.
A nena, que era discreta,
un puñal de ouro traía
e ao malvado cabaleiro
o corazón lle partía.
‒Por Deus che pido, romeira,
por Deus e Santa María,
non digas que me mataches
na túa terra nin na miña!
‒Non direi, non, cabaleiro,
ata que volva para a vila,
que faga a festa meu padre,
con gaitas e montería!

Disco: Sempre e mais despois
Letra: Tradicional
Música: Tradicional / Antón Castro / Xoán Fuertes
Arranxos: Xoán Fuertes

Elas eran tres comadres
a sarandilleira
e dun barrio todas tres
sarandilla andare, sarandilla aié.

Fixeron unha merenda
para ir ao San Andrés.

Unha puxo trinta ovos
para cada unha dez.

Outra leva unha empanada
de tres codos a un través.

Outra leva un pelexiño
de dous cántaros a tres.

Aló pola medianoite
veu o marido da Inés.

E dinlle todas a unha:
«E ti aquí, para que vés?».

Para facer unha merenda
ben chegamos nós as tres.

Disco: Sempre e mais despois
Letra: Tradicional
Música: Tradicional / Xoán Fuertes
Arranxos: Xoán Fuertes

Sube ao alto, sube ao alto,
ao máis alto corredor,
que verás como vai guapa
a filla do labrador.

En cada cueira leva
vara e media de listón,
en cada queixada leva
libra e media de color.

Casa cun conde galán,
casa cun rico señor,
e gaitas e pandeiriños
repican na procesión.

Ao chegar onde a capela
entran para a misa maior,
e o que toca as campás
non as pode tocar, non.

E o crego que di a misa,
non a pode dicir, non,
e o galán que lle axudaba
morreu na confesión.

Disco: Sempre e mais despois
Letra e música: Tradicionais
Arranxos: Xoán Fuertes, Ramón Díaz e Antón Castro

Heicho de dar queridiña, ai, Rosiña,
heicho de dar que o teño,
papas de millo miúdo, ai, Rosiña,
feitas no pote pequeno.

Coas soidades non podo
axolletar o xustillo
que me quedan os amores
pola feira de Berdillo,
pola feira de Rianxo.
Coas soidades non podo
axolletar o refaixo.

Paxariño millarento, ai, Rosiña,
que estás na punta do toxo,
ti serás o alcahuete, ai, Rosiña,
das nenas do pelo roxo.

Coas soidades…

María se foras rosa, ai, Rosiña,
te llevaría en el sombrero, rosa.

Pero como eres María, ai, Rosiña,
en el corazón te llevo, rosa.

Ergue o sombreiro para arriba, ai, Rosiña,
que che quero ver os ollos, rosa.

Anque che son moreniña, ai, Rosiña,
aínda non me gustan todos, rosa.

Disco: Fuxan os Ventos e Terra de Soños
Letra e música: Tradicionais

Ai, vállame Dios, como chove esta noite!
Ai, vállame Dios, que lostrexos se ven!
Pedrisca nos campos de Vilar de Fortes.
Ai, millo milliño do meu corazón!

Quen ten amores non dorme.
Eu tamén antes eisí faguía,
e agora que non os teño,
durmo sempre, de noite e de día.

Os amores quitan sono,
e eu sen eles
xa non teño dono.

Disco: Sementeira
Letra: Leiras Pulpeiro e X.L. Rivas «Mini»
Música: Tradicional

Temos o frío nos ósos,
temos medo ata da Terra,
para cando os filliños nosos,
terán Patria e sen miseria.

Para o probe non hai padriño
nin porta ningunha aberta;
para o probe non hai xustiza,
se o brazo torto non leva.

Adeus, meus fiIlos, adeus,
adeus, choza dos meus vellos!
Ben sabes, por que me vou!
Ben sabes, por que vos deixo!

Anque noite foi,
anque a noite aínda está,
anque o medo roe nos ósos,
a primavera virá.

Somos pobo que,
mau con mau,
nunha vontade,
buscamos a fin do inverno,
cara á nosa liberdade.

Disco: Galicia canta o neno
Letra e música: Tradicionais

Alegría, meus amigos,
máis alegría e pracer
contan que naceu un Neno
garrido e de gran xacer!

Acendemos catro pallas
e corremos para Belén
que contan moitos milagres
e cousas dignas de ver!

Meu Meniño, Miña rosa
miña prendiña, meu ben,
Ti serás noso consolo
Ti serás, Rei de Israel.

Disco: Galicia canta o neno
Letra e música: Tradicionais

Aló á medianoite,
cando o galo canta,
nunha vila santa
que chaman Belén,

nunhas probes pallas,
nun pequeno establo,
naceu, malpocado!,
Xesús, Noso Ben!

E cheíño de frío
non tiña a ninguén,
e dábanlle alento
a mula e o boi.

E vosoutros, rapaciños!
cheos de gozo, ide buscar!
Algunha cousiña que ao Noso Meniño,
poidamos levar!

Disco: Na memoria dos tempos
Letra e música: Tradicionais
Arranxos: Xoán Fuertes
Foliada de Torrente do repertorio do Sr. Cobas, gaiteiro de Conxo, recollida de Xoán Bello Mallou

Disco: Terra de soños
Arranxos: Xosé Lois Romero
Colaboracións: Mercedes Peón (pandeireta), Pepe Ferreirós (gaita)

Hoxe eiquí, mañá alá,
pasadomañá na feira,
deste modo vai pasando
esta vida pasaxeira.

Podes falar o que queiras
e cantar o que che adoite,
cando ti dis que é de día
todos pensan que é de noite.

Ditosos os que se deitan
sen ansias en que pensar,
érguense porque espertan
e saben que han de xantar.

Non digas que vai dereito
o cravo que torto entrou,
non digas que é carpinteiro
quen nunca táboa labrou.

Catro cousas quere o amo
do criado que o serve:
tarde á cama, erguerse cedo,
comer pouco, estar alegre.

Adeus, adeus que me vou,
adeus, que me quero ir,
págame a miña soldada
que non te quero servir.

Disco: Marea de música
Letra: Antón Castro e Tereixa Novo
Música: Tradicional
Arranxos: Xoán Fuertes

Do día 13 de novembro
habémonos acordar,
preto da costa galega
a traxedia volve andar

Toda a costa está de loito,
a morte chega de mouro
e o pobo autoorganizado
protesta no Obradoiro

O noso pobo anoxado
neste mes mouro do inverno
decatouse dunha cousa
«Galiza non ten Goberno».

O pobo cheo de rabia
resposta con valentía
e sae á rúa berrando:
«NUNCA MÁIS tanta mentira».

Para gobernar este barco
non nos fan falla patróns
que enchen de merda Galiza
e se van de vacacións.

A este pobo valoroso
xa non lle serve o perdón
e esixe, con dignidade,
do Goberno a dimisión.

Disco: Sempre e mais despois
Letra: Tradicional
Música: Tradicional / Antón Castro
Arranxos: Xoán Fuertes
Recollida a Manuela de Carrioza (Doncos-As Nogais)

Disco: Terra de soños
Colaboración: Pepe Ferreirós (pandeireta)

Que ben cantan, que ben bailan
aquelas catro pachocas!
Que ben cantan, que ben bailan!
Que ben menean as zocas!

Aqueles que andan no baile
ambos me parecen ben,
ela parece unha rosa
e el parece un caravel.

Eu pedinllo a unha nena
no porteliño do prado.
Respondeume a picarona
que estaba o campo mollado.

Aquel paxaro non canta
seica non ten alegría,
non se fai cousa de noite
que non se saiba de día.

Vamos ruando, meniña,
e vamos ruando a eito,
xa que levamos a sona,
levaremos o proveito.

Séntate aquí, miña prima
ti nunha pedra e eu noutra,
axudarasme a cantar,
a miña fortuna é pouca.

B

Disco: O Téqueletequele e Terra de soños (DVD)
Letra: Darío Xohán Cabana
Música: X.L. Rivas «Mini»

Mariñeiros á ventura,
dunha noite atreboada
que cecais non ten retorno
a ningunha madrugada.

Mariñeiros que navegan
procurando a pesca incerta.
O armador en terra firme,
dorme namentres espera.

A muller do mariñeiro
agarda mentres, esperta,
ao carón dun lar sen lume;
zoa o vento sobre as tellas.

O mariñeiro pelexa
no medio e medio do mar,
co vento que peta firme,
e fai o barco abalar.

No medio e medio da noite
o armador dorme agardando,
agarda esperta a muller,
e o mariñeiro loitando.

E choran sete mulleres
no medio e medio do día,
na noite do mar revolto
sete homes se perdían.

O armador xura de rabia,
no medio e medio do día,
na tempestade da noite
un barco a pique se ía.

Pola mañá desgonzados,
sete corpos sobre a praia,
sete mariñeiros mortos,
bébedos de auga salgada.

Na tarde tocan campás
o repenicar da morte,
mentres tanto sae ao mar
outro barco con sete homes.

Disco: O Téqueletequele
Letra e música: X.L. Rivas «Mini»

Disco: Terra de soños
Colaboracións: Guadi Galego (voz), Sabela Rodríguez (recitado)

O vento da emigración
arrasou a nosa terra,
os vellos laian,
os nenos berran.

Hai anos, cincuenta;
hoxe, nin vinte hai;
chega o mes da sega,
quen seiturará?

Quince na Suíza,
doce alén do mar,
tres no sur da Francia,
quen seiturará?

Dos vinte que quedan
dez a traballar,
sete que son nenos,
quen seiturará?

Tres vellos que agardan
a morte chegar,
co corpo engurrado,
quen seiturará?

Homes e mulleres,
hai que sementar
a nosa verdade,
por ela loitar.

Pechemos as portas,
que non fuxan máis,
pois se se van todos,
quen seiturará?

C

Disco: Cantigas no Camiño
Romance anónimo (adap., Pedro Lucas)
Música: Xoán Fuertes

Ondiñas do mar abaixo,
ondiñas do mar encima,
no camiño de Santiago
ía unha alma peregrina;

unha noite tan escura
nin unha estrela lucía,
topara un río moi fondo
que pasalo non podía.

Ouvíraa un cabaleiro
da sala onde durmía.
-Ou ti es alma de penas,
ou para as penas camiñas.

-Eu non son alma de penas,
nin cousa da outra vida,
son unha alma pecadora
que a media noite partía.

-Vou camiño de Santiago,
camiño de romaría,
onde todos hemos ire,
sexa en morto, sexa en vida.

-Arrimaráste ás boas obras,
que fixeches na túa vida.
-Ai de min!, son pecadora,
que eu nada diso facía.

-Arrimaráste ás misas,
se as ouviches algún día.
-Como me vou arrimare,
se eu a elas nunca ía?

-Arrimaráste ás esmolas
se algunha deches un día.
-Ai de min, triste, coitada!,
pois a ninguén socorría

-Vou camiño de Santiago,
camiño de romaría,
onde todos hemos ire,
sexa en morto, sexa en vida.

-Eu mandareiche unha ofrenda
con unha luz acendida.
Vai alá, ou alma santa,
vai cumprir a romaría.

Hora e media vai pasada,
alma por alí volvía.
-Durme, durme, cabaleiro,
Deus che dea boa dormida;
a túa alma vai pra o ceo,
tamén salvaches a miña.

-Vou camiño de Santiago,
camiño de romaría,
onde todos hemos ire,
sexa en morto, sexa en vida.

Disco: Quen a soubera cantar
Letra: Marica Campo
Música: Tradicional
Arranxos: Xosé Luís Freire

Peta, na porta da noite, a lembranza:
enche o silencio de berros espidos.
ai, quen soubera a canción
que a pode adurmiñar
para sempre. Pero non…

Voltará un día e outro máis,
ao se deitar o sol
pedindo de cear.

Tempo fuxido que vés convocando
soio naufraxios, cousas carunchadas.
Traes saudade a navegar,
tristura a revivir
e trebas a medrar!

Leva xa
os mortos canda ti,
que queremos chegar
do futuro ao confín!

Disco: Fuxan os Ventos
Letra: Darío Xohán Cabana
Música: Antón Campelo

Dixéronme de neno cando era
nada máis que vento e fume dado ao vento:
«Sé sempre un alma pura, un sentimento
de rosas e de estrelas, primavera».

Uns anos despois ao ser o inferno
dun bosco encomezando a abrirse á vida
dixéronme: «Neno, a vida éche moi dura,
moi sufrida;
despois da primavera, vén o inverno».

Agora pola terra camiñando,
loitando coa vida, en contra da vida,
non ollo máis que pranto e xeada,
ninguén me di nada.

Vou andando, silandeiro,
pola chaga compartida,
por que non me din nada…?

Disco: Noutrora
Letra: Florencio da Fontaneira e Marica Campo
Música: Florencio da Fontaneira
Arranxos: Ramón Díaz

Disco: Terra de soños
Arranxos: Xosé Lois Romero
Colaboracións: Xabier Díaz (voz), Pepe Ferreirós (uilleam pipe)

Perdín a vista, querida,
apagouse a miña vela;
para min sempre é de noite,
vállame a Madalena!

Perdín a vista querida,
a prenda que máis valía;
non me queda que perder
ata que perda a vida.

Vou gañando o meu panciño
facendo mofa de min;
as miñas bágoas por viño
a miña dor por violín.

Veñan, señores, e escoiten,
farei que esquezan as bágoas,
que eu sei os cantos mellores
e as historias máis estrañas.

Como sen saber que como
e ata non son reparado,
que a miña fame non cómpre
distinguir o bo do malo.

Morrerei calquera noite
que a miña noite é máis clara;
cecais no cumio dun monte
e os corvos faranme a cama.

Disco: Sementeira
Letra: O Tío Marcos da Portela
Música: Tradicional

A xeito de cego veño
dicir o que xa dixo
o Tío Marcos da Portela
polo primeiro de siglo.

As miserias que pasamos,
as dolores que sufrimos,
a emigración que nos mata
e que nos ten consumidos.

Esta falta de xustiza
que nos ten aterecidos,
andando co pico aberto
á esculca do grao de millo.

As aldraxes que nos fan
na cidade e no municipio,
o pagar coma empresarios
para que outros se fagan ricos.

O leite que nos mal pagan
véndena a «trinta e cinco»,
e por riba a democracia
que ata agora é un conto chino.

As contribuciós que botan
ao noso lombo os políticos,
as xogadas dos alcaldes
que son xogadas de pillos.

Se pedimos que Galicia
volva ter o seu espírito,
mángannos a autonomía
Os caciques son moi listos!

Debemos tomalo a broma
rirnos todos e mais rirnos.
Veña un trago, compañeiros,
se non hai pan…, veña viño!

Disco: O Téqueletequele e A Terra sabe a loita
Letra: Manuel María
Música: Tradicional

Primeiro Portomarín,
e logo Castrelo de Miño.
Despois tocoulles ás Encrobas
sufrir parello destino!

Raposos capitalistas
que non deixan un terrón,
sementan todo de lixo,
porcallada e polución.

Nas nosas terras labregas,
fértiles e feiticeiras,
queren erguer celulosas
que cheiran como esterqueiras.

Queren encher Galicia
de industrias contaminantes
e que o noso pobo siga
a producir emigrantes.

As terras son dos labregos
dende tempo inmemorial,
mais agora, sen razón,
róuballelas o capital.

Cando o pobo pide o seu
con valente e baril
mándanlle, para contentalo,
cabaleiros de servir.

Hai pouco foi nas Encrobas,
ás portas de Xove están,
se a algún lugar non chegaron
axiña aparecerán.

Disco: Sementeira
Letra: Xoán de Requeixo (século XIII)
Música: X.L. Rivas «Mini»

Fui eu, madr’, en romaría
a Faro, con meu amigo,
e venho d’el namorada
por quanto falou comigo.

Ca mi xurou que morría
por mi, tal ben me quería.

Leda venho da ermida
e d’esta vez leda serei,
ca falei con meu amigo,
que sempre desexei.

Ca mi xurou que morría
por mi, tal ben me quería.

Du m’eu vi con meu amigo
vin leda, si Deus me perdón
ca nunca lhi cuid’a mentir
por quanto me el diss’ entón.

Ca mi xurou que morría
por mi, tal ben me quería.

Disco: O Téqueletequele
Letra: X.L. Rivas «Mini»
Música: Félix Otero

Disco: Terra de soños
Colaboracións: Rodrigo Romaní (arpa), Sabela Rodríguez (recitado)

Durme, meu neno, durme,
sen máis pranto,
que o tempo de chorar,
vai pasando.

Que a terra na que vives,
non quere bágoas,
precisa homes enteiros,
pra libertala.

Durme, meu neno, durme,
colle forzas,
que a vida que che agarda,
pide loita.

Recollerás o froito
sementado,
no inverno escuro e frío,
no que estamos.

Semente feita en sangue por un pobo
que xurde dende a historia, dende o sono,
un sono cheo de aldraxe e miserento,
un sono de inxustizas e silencio.

Mira a lingua que falo, desprezada,
por ser lingua de probes, lingua escrava,
son o orgullo que temos, lingua e probes.
Só neles hai verdade e mais honores.

Durme meu neno, durme, neste colo,
que esta terra de escravos non ten odio.
Ten séculos de esperanza, agardada,
que pon hoxe nos fillos que amamanta.

Disco: Sementeira
Letra: Tradicional / X.L. Rivas «Mini»
Música: Tradicional
Arranxos: X.L. Rivas «Mini»

Andan con peles de ovella
cantando falsas gabanzas,
os lobos de anos pasados
baixan na noite calada.

Mala morte non me mate!
Veñen con Autonomía,
comerciada por caciques,
maldita falla facía.

Se non tedes sachos
traémolos nós
arados de ferro
e carros con bois.

E algúns deles andaban
trasquiando galeguistas
para non perderen a manda
fixéronse autonomistas.

E, ás veces, falan galego
e presumen de labradores.
A perdición de Galicia
está en maus deses señores!

Se non tedes sachos
traémolos nós
arados de ferro
e carros con bois.

Mais, todos nós ben sabemos
aínda nos sobra memoria;
corenta anos de silencio
non enterraron a historia!

Mozos da Terra emigrante
da Galicia xenerosa,
non deixemos que nos rouben
a Patria do pobo, A NOSA.

Disco: Fuxan os Ventos
Letra e música: Tradicionais

Iste velliño que vedes cantando
de entrambos ollos da cara cegou,
mais por agora vaise gobernando
co outro ollo que aínda lle quedou.

Todas istas cousas contáronme a min
volvendo da feira de Portomarín,
con outras cousiñas que eu vos contarei,
si son ou non certas, eu non volo sei.

Como son cego e falto de vista,
cando unha moza me vén falar
para me dar conta se é grosa ou é fraca
teño por forza que ás mans apelar.

E teño observado que as hai que se rin
e outras máis pouquiñas que foxen de min,
a maior parte delas berran polas máis
ou chaman baixiño e achéganse máis.

Ana Marica quedouse soíña
cando para Cuba o seu home marchou
e tal desgusto pillou a rapaza
que gravemente a coitada enfermou.

E soio quería que a fose coidar
un primo que tiña no mesmo lugar
e logo dicía cando xa sandou:
gracias ás freguiñas que o Manoel me dou.

Disco: Sempre e mais despois
Letra: Tradicional
Música: Tradicional / Xoán Fuertes
Arranxos: Xoán Fuertes

Disco: Terra de soños
Colaboración: Guadi Galego

Segador que ben segas
na herba boa,
que para segar na mala
o tempo che sobra.

Aí veñen os segadores
na busca dos seus amores
despois de segar e segar
na herba.

Carolina no baile
dixo en voz alta:
«Se me gustan os mozos
é pola gaita».

Aí veñen os segadores
na busca dos seus amores
despois de segar e segar
na herba.

Carolina en el baile
cayó de culo,
se le vió el fandango
todo peludo.

Aí veñen os segadores
na busca dos seus amores
despois de segar e segar
na herba.

Algún día por verte
daba cien vueltas,
ahora por no verte
doy cuatrocientas.

Aí veñen os segadores
na busca dos seus amores
despois de segar e segar
na herba.

Carolina en el baile
rompió las medias;
¡pobre de Carolina,
cómo las lleva!

Disco: Sementeira
Letra e música: X.L. Rivas «Mini»

Reclamamos por galegos
os nacidos na lameira,
os que na dorna lixeira,
arrincan peixe do mar.

Os que no andamio e no xunque
teñen o progreso escravo,
os que tronzan co arado,
a terra para facer pan.

Somos nós, xente que leva,
un facho na noite escura,
xente que vai á procura
da súa historia virar.

Séculos de fame xorda
na noite pecha perdidos,
afogando a pena en viño
sen lume para nos quentar!

Ao lusco co sacho ao lombo,
para xantar pan e touciño,
co corpo morto, doído,
sempre do carro a tirar.

Aldraxados, ignorantes,
pobo sen lei, divididos
do sangue roxo, vencido,
os caciques a zugar!

Do fondo da nosa noite,
da moura noite dos tempos,
zoan, hoxe, novos ventos,
os ventos da libertá!

Homes de tempos perdidos,
ti, labrego, ti, obreiro,
ti gandeiro, mariñeiro,
poñédevos a camiñar!

Somos nós, e soio nós,
os donos do noso sino,
abrindo un novo camiño
na busca da libertá!

Disco: Galicia canta o Neno
Letra e música: Tradicionais

Catro mancebos xuntiños,
eiquí xuntiños estamos,
e tan cansados os catro,
que é preciso alimentarnos.

Abran a porta, señores,
que por honrados nos temos,
sabe Dios se para outro ano
á porta lles cantaremos.

De moi lonxe xa viñemos,
noite que andar aínda falta,
as forzas piden reparo,
mollo as gorxas e non de auga.

Chourizos, pois, longaniza,
uña de porco, ou fociño
ou de xamón, dúas tortillas
con dous xarriños de viño.

Esta vai por despedida,
hoxe, eiquí, non canto outra,
os señores desta casa
de hoxe un ano me oian outra.

Disco: Quen a soubera cantar
Letra: Ramón Cabanillas
Música: X.L. Rivas «Mini»

Sementar en leira allea
pagar sendo convidado,
mercar a rico e na aldea,
vender a probe e fiado:
non é para ter casa chea!

Muller que adora a veciña,
rapaza que dorme fóra,
pedra limpa da cociña
e meniño que non chora:
non che me dan boa espiña!

Preto do lume des que nacín
leis coma istas na casa ouvín
cencia do adro, cencia do avó:
cencia dos anos: non hai mellor!

Crego que che queira mal,
alcalde no teu outeiro,
escribán no portal
e lume polo palleiro:
salvarás se Dios che val!

Palique de taberneiro
e bágoas de bebedor,
amores de costureira
e xastre traballador:
sonche contiños da feira!

Preto do lume des que nacín
leis coma istas na casa ouvín
cencia do adro, cencia do avó:
cencia dos anos: non hai mellor!

Apostar o que se ten,
firmar o que non escribo,
doar sen saber a quen
e dar cartos sen recibo:
penso que non me convén!

Estremeiro preiteador,
néboas agoentas do río,
boi ou vaca escornador
e xente de señorío:
canto máis lonxe mellor!

Preto do lume des que nacín
leis coma istas na casa ouvín
cencia do adro, cencia do avó:
cencia dos anos: non hai mellor!

Disco: Fuxan os Ventos
Letra e música: X.L. Rivas «Mini»

Nista noite escura e bretemosa
na que vai camiñando o noso espírito
vese un raio de sol, vese unha rosa
que abrirá, no amencer, novos camiños.

Compañeira nos días de tristura,
compañeira nas noites de esperanza
paso a paso de alento de tenrura,
pedra a pedra no mundo a nosa casa.

Racharemos cadeas que nos prenden,
e faremos fuxir a treboada
falaremos de amor coa nosa xente,
para viviren connosco a mañá clara.

Disco: Galicia canta o neno
Letra e música: Tradicionais

Con un sombreiro de palla,
un galego a Belén foi,
mentres adoraba o Neno,
comeulle o sombreiro o boi.

Deixade os pastores
deixádeos pasar
que van cantar o Rei,
a Xesús no portal!

Nunhas pallas deitadiño,
e en coiriños alí está!
Sendo o Dono deste mundo
e Señor de canto hai!

Deixade os pastores
deixádeos pasar
que van cantar o Rei,
a Xesús no portal!

Disco: Noutrora
Letra e música: Tradicionais
Adaptación e arranxos: Antón Castro e Xosé Vázquez

Verán un caso chocante
nas montañas do Cebreiro,
cunha nena ben feita
que casou cun gaiteiro.

El chamábase Cristovo
e un día vendeu a gaita,
enfadóuselle a muller
seica lle facía falta.

‒Pois non te enfades, muller,
porque che vendín a gaita,
vendina por que era vella
e estaba toda estragada.

‒Pois boa cousa fixeches,
seica te tentou o demo!
Xa te podes marchar da casa,
que eu sen gaita non te quero!

Ao outro día o Cristovo
veu ao escurecer para a casa,
saíulle a muller á porta
por ver se traía a gaita.

E en canto lle viu a nova
botoulle a man ao punteiro.
‒Esta si que che é graciosa!,
tiruliru, meu gaiteiro.

E a outra nena pasoulle
outro caso parecido:
que casou cun rapaz
que sempre estaba durmido.

Tan pronto que se deitaba
xa se poñía a roncar
e ela desesperada
poñíase a rezar.

E así pasaron tres meses
sempre da mesma maneira:
o rapaz ronca que ronca
a nena reza que reza.

Pero ao cabo diste tempo
a pobriña da rapaza
pasoulle a man despaciño
e viu que non tiña nada.

«Vaia por Dios!», dixo ela,
«que me vexo en bo apuro,
nunca pensei que houbese
homes tan pobres no mundo».

Así que ai, rapaciñas,
ai, as que estades solteiras!
Hai que rexistrar os mozos
igual que ás vacas na feira.

D

Disco: Quen a soubera cantar e Terra de soños
Letra: Tradicional / Marica Campo
Música: Tradicional
Arranxos: Baldomero Iglesias

Dáme lume, Xoana,
polo vertedeiro,
se non me coñeces:
eu sonche o ferreiro.

Se ti es o ferreiro,
sube para o sobrado;
comerás o caldo
no medio ferrado.

O medio ferrado,
non o quero nin ver
eu teño un canciño, larincuncún,
que xa me mantén!

E un canciño non hai que queira,
laricuncún, correr a freixeira!

Se tes un canciño
que xa te mantén
por que andas tentando
o meu proceder?!

O teu proceder,
xa o teño tentado;
ti por ben mo dabas,
e eu viña roubalo!

Se viñas roubalo,
íalo suar,
que no meu sobrado, laricuncún
tamén ladra un can!

E un canciño non hai que queira,
laricuncún, correr a freixeira!

Disco: Na memoria dos tempos e Terra de soños
Música: Miguel Lustres
Colaboración: Miguel Lustres (acordeón)

Disco: Galicia canta o Neno
Letra e música: Tradicionais

Despedida de ano vello,
entradiña de aninovo,
os señores desta casa
os conten con moito gozo!

Viva!, berran os gaiteiros,
que viñeron tocar,
ao Neno, recén nacido,
entre as pallas dun portal.

Ano novo, vida nova.
Ano novo, que traerás?
O vello suspiros leva,
o novo xa os traerá,
o novo xa os traerá.

Ano de festas que naces,
o pasado xa pasou.
A primavera enverdece
o xardín que se marchou.

Viva!, berran os gaiteiros,
que viñeron tocar,
ao Neno, recén nacido,
entre as pallas dun portal.

Ano novo, vida nova.
Ano novo, que traerás?
O vello suspiros leva,
o novo xa os traerá,
o novo xa os traerá.

Disco: Sempre e mais despois
Letra: Tradicional
Música: Tradicional / Xoán Fuertes / Ramón Díaz
Arranxos: Xoán Fuertes

‒Pregoadas son as guerras
de Francia con Aragón.
Pobre de min que son vello,
guerras para min non son!

Mala sexas ti, muller
que non me deches varón!
Falou Dona Birolana
con arrogante razón:

‒Non a maldiga, mi padre,
non lle bote a maldición.
Déame as armas e o cabalo
serei seu fillo varón.

‒Tendes os cabelos longos,
non os encubrirás, non.
–Metereinos na armadura
atados por un cordón.

‒Tendes os ollos mimosos,
non os encubrirás, non.
‒Eu baixareinos á terra
cando pase algún varón.

‒Tendes os peitos crecidos,
non os encubrirás, non.
‒Déame un colete de ferro
servirame de xubón.

‒Tendes as mans moi branquiñas,
non as encubrirás, non.
–Déame seus guantes de ferro
terei as mans de infanzón.

‒Tendes os pés miudiños,
non os encubrirás, non.
‒Déame súas botas de ferro
enchereinas de algodón.

E

Disco: Galicia canta o neno
Letra e música: Tradicionais

E rorró, rorro, meu neno,
e rorró, rorró, meu amor.

Eu son un probe galego
veño do sur da terriña,
e ao Neno Xesús lle traio
lenzo para unha camisiña.

E rorró, rorro, meu neno,
e rorró, rorró, meu amor.

E o Meniño está no berce,
vestidiño de oletón,
os nenos que o arrolan
os anxos do Ceo son.

E rorró, rorro, meu neno,
e rorró, rorró, meu amor.

F

Disco: Noutrora
Letra: Marica Campo
Música: Xoán Fuertes

Noutrora morría o lume
e os nenos topeneaban
namentres o teu Manuel
botaba unha ollada ás vacas.

O compañeiro morreu
e os fillos, quen os xuntara!,
que o vento da emigración
espallounos coma fiaspas.

Por quen agardas, María,
coa lúa chea de lobos
e as estrelas afogadas
na fonda cunca dos ollos?

Por quen agardas, teimosa,
na noite máis ateigada?
Ninguén precisa de ti
nin ti precisas xa nada.

Se foses nova, quen sabe!,
se aló nunha patria estraña
atoparías a quentura
dun home, un pan e unha casa.

Que esta terra soio dá
fame, soidade e bágoas.
Ai, quen puidera fuxir
na compaña da esperanza!

Agora xa non, María,
somente a terra agarda
e chama por ti mainiño
para que xurdas nas carpazas.

Para que xurdas nas carpazas,
para que mergulles nas fontes,
para te acaneares nas árbores
ao compás do vento norte.

Mais agarda outro anaquiño,
miña vella na lareira,
que ten de voltar un día
e han de atopar lume nela.

Ti es que gardas a patria,
María, coa vida acesa,
non deixes morrer o lume
ata que eles traian leña.

Disco: O Téqueletequele
Letra: Tradicional / Fuxan os Ventos
Música: Tradicional

Dinme que me hei de perder,
por non calarlle a ninguén,
e o estar calado acabouse,
xa tempo lle era tamén!

Arrimar, arrimeime, funme arrimando,
á criada do cura cominlle o caldo,
cominlle o caldo, nena, cominlle o caldo.
Arrimar, arrimeime, funme arrimando.

Non quero verzas con unto,
nin nabizas con aceite,
nin quero muxir a vaca,
e que outros beban o leite.

Un gato cun empresario
caeron xuntos nun pozo,
e como os dous tiñan uñas,
rabuñaron o pescozo.

A educación vai para adiante,
chega para todos igual.
Aos nenos do campo dinlles:
«Viva o traballo manual!».

Os caciques ben prometen,
moito prometen e ben.
Con palabras de caciques,
a xente non se mantén.

Deixade que entre a claridade,
abride porta e balcón.
Acabar a nosa noite,
é cousa de todos nós.

Para gobernar este mundo
fai falla moito carballo,
e nista terra galega,
hai carballeiras a esgallo.

Disco: Quen a soubera cantar
Letra: Antonio de Aleixo
Música: Xosé L. Rivas Cruz «Mini»

Di canto che veña en gana,
mais desculpa que che diga:
que che falta na cabeza
o que che sobra en barriga.

Contigo en contradición
pode estar un grande amigo:
dubida máis dos que están
sempre de acordo contigo.

Quen canta por conta súa
quere ser, e con razón,
antes gorrión na rúa
ca reiseñor na prisión.

Hai tanto burro a mandar
en homes de intelixencia
que, ás veces, dou en pensar
que a burramia é unha ciencia.

Que importa perder a vida,
loitando contra a traizón,
se a razón, mesmo vencida,
non deixa de ser razón.

Disco: O Téqueletequele
Letra e música: Tradicionais

Zapatos de chiculate
tenos a miña cadela
para levar as ovelliñas
ás feiriñas de Nadela.

Aló vén o gaiteiro
por detrás do pinar
ata os pinos lle axudan
á gaitiña a tocar.

Indo eu pra non sei onde
vendo eu a non sei quen,
á porta de, xa me entendes…
non me podo acordar ben.

Aló vén o gaiteiro
por detrás do pinar
ata os pinos lle axudan
á gaitiña a tocar.

Andivécheste alabando,
polos muíños moendo,
que te casabas comigo
e iso era en eu querendo.

Aló vén o gaiteiro
por detrás do pinar
ata os pinos lle axudan
á gaitiña a tocar.

A rula vaise queixando,
que lle levaron o niño,
quen cho mandou facer, rula,
tanto á beira do camiño?

Aló vén o gaiteiro
por detrás do pinar
ata os pinos lle axudan
á gaitiña a tocar.

Algún día ben pensaches
do meu corazón ter flores.
Agora vai aos codesos,
que chos hai nos arredores.

Aló vén o gaiteiro
por detrás do pinar
ata os pinos lle axudan
á gaitiña a tocar.

Disco: Sementeira
Letra e música: Tradicionais
Arranxos: Alfonso Rodríguez

Dáme o que che pido, nena,
que non che pido diñeiro:
dáme a túa ovella negra,
para xuntar ao meu carneiro.

E ti telo telo
non o queres dar
e despois de vella
pódelo salgar.

Fuxe de aí, sapoconcho,
mañá teño que cocer,
se non teño varredoiro
contigo hei de varrer.

E chíscao por diante
e chíscao por tras
e tócalle as conchas
churrascarraschás.

Dáme o que che pido, nena,
dámo que non é pecado:
unha muxica de lume
para prender meu cigarro.

E ti telo telo
non o queres dar
e despois de vella
pódelo salgar.

Pensas por seres herdeiro
que te hei traguer pola mau;
moitas serdas ten o porco
e non sale de marrau.

E chíscao por diante
e chíscao por tras
e tócalle as conchas
churrascarraschás.

Por esta carballeiriña
moito me gusta cantar
anque non teñas a gracia
ela hache resoar.

Ei veñen, ei veñen,
ei veñen, ei van,
sardiñas fresquiñas
de pola mañá.

Disco: Na memoria dos tempos
Letra e música: Tradicionais
Arranxos: Xoán Fuertes

Ai de min, que non son túa
e me queres reprender;
que farás, meu queridiño,
ao estar no teu poder!

Ai, lambón, lambón
Ai, lambón das herbas,
buscaches a dama
e non a conservas.

Palabriñas, palabriñas,
todo se volven palabras,
se buscas algo con elas
sáenche as contas furadas.

E ábrete, boca,
estírate, rabo,
que o cuarto do medio
vai acomodado.

Gábaste de señorito,
podes perder o costume
que xa che alcuman na fonte
«pouco lume e moito fume».

Se quixera mozo
tiña máis dun,
pero señorito
non quero ningún.

Paxaro que deixa o niño,
navío que sae ao mar,
soldado que vai a guerra
Deus sabe se volverán!

Adeus, moreniña,
non te volvo ver,
voume de soldado,
non sei se hei volver.

Disco: Fuxan os Ventos
Letra e música: Xesús Mato

Queremos cantar,
queremos berrar,
coa forza da fe,
que a nosa Galicia,
aínda está de pé.

Fuxan os ventos dos agoireiros,
de tempos vellos; ¡fóra lembranzas,
tépedas noites dos tempos de hoxe!
veñan os homes rexos e fortes,
cos ollos limpos, traballadores,
e espallen xuntos sen refolgar,
o desenrolo do noso fogar.
Mirade para diante sempre sen medo
nenos e nenas, mozos e vellos.
Galicia enteira que eiquí representa
esta xuntanza que non ten medo.

Anque choren os campos, na súa orfandade,
morran soios os vellos afogando as penas;
anque non soe a gaita nas romarías,
fuxan mozos e mozas á terra allea.
No fondo da alma do noso pobo,
latexa a forza dun mundo novo.
Por eso queremos cantar…

Fuxan os ventos dos agoireiros,
de tempos vellos; ¡fóra lembranzas,
tépedas noites dos tempos de hoxe!
veñan os homes rexos e fortes,
cos ollos limpos, traballadores,
e espallen xuntos sen refolgar,
o desenrolo do noso fogar.
Mirade para diante sempre sen medo
nenos e nenas, mozos e vellos.
Galicia enteira que eiquí representa
esta xuntanza que non ten medo.

Co traballo, a xuntanza e a fe,
coas escolas, leiros, prados e o mar
queimaremos penas mortas ata o fin
o carón dista esperanza
que xa brilla nesta terra: Loitaremos.

Con areíñas de todos
faremos do noso lar
un anaquiño de ceo
que nos empuxe a cantar…

Fuxan os ventos dos agoireiros,
de tempos vellos; fóra lembranzas,
tépedas noites dos tempos de hoxe!
veñan os homes rexos e fortes,
cos ollos limpos, traballadores,
e espallen xuntos sen refolgar,
o desenrolo do noso fogar.
Mirade para diante sempre sen medo
nenos e nenas, mozos e vellos.
Galicia enteira que eiquí representa
esta xuntanza que non ten medo.

G

Letra: Manuel María
Música: Suso Vaamonde
Arranxos: Xoán Fuertes

Galicia docemente
está ollando o mar:
ten vales e montañas
e terras pra labrar!

Ten portos, mariñeiros,
cidades e labregos
cargados de traballos,
cargados de trafegos!

Galicia é unha nai
velliña, soñadora:
na voz da gaita rise,
na voz da gaita chora!

Galicia é o que vemos:
a terra, o mar, o vento…
Pero hai outra Galicia
que vai no sentimento!

Galicia somos nós:
a xente e maila fala
Se buscas a Galicia
en ti tes que atopala!

Galicia somos nós:
a xente e maila fala
Se buscas a Galicia
en ti tes que atopala!

Disco: Galicia canta o Neno
Letra e música: Tradicionais

Cantámosche os reises,
guedellos de cabra.
Cantámosche os reises,
non nos deches nada.

Somos os reises do quiquiriquí,
vimos ver que nos botan eiquí.
Somos os reises do cacaracá,
vimos ver que nos botan alá.
Somos os reises da “cabra fanada”,
viñemos eiquí: non nos deron nada.

Cantámosche os reises,
guedellos de cabra.
Cantámosche os reises,
non nos deches nada.

Aquí vimos catro, cantaremos oito
déanos o aguinaldo, fociño de cocho.
Ao aguinaldo vimos, ao aguinaldo andamos
se nos dan touciño, tamén o levamos.
Somos os reises do quiquiriquí,
se non nos dan nada… cagámos eiquí!

Cantámosche os reises,
guedellos de cabra.
Cantámosche os reises,
non nos deches nada.

I

Disco: Fuxan os Ventos
Letra: Celso Emilio Ferreiro
Música: Xosé L. Rivas Cruz «Mini»

Camiñan ao meu rente moitos homes,
non os coñezo. Sonme estranos.

Pero ti que te alcontras alá lonxe,
máis alá dos desertos e dos lagos,
máis aló das sabanas e das illas,
como un irmau che falo.

Se é túa a miña noite,
se choran os meus ollos o teu pranto,
se os nosos soños son iguales,
como un irmau che falo.

Anque as nosas palabras sexan distintas
e ti negro e eu branco,
en tendo semellantes as feridas,
como un irmau che falo.

Por enriba de todas as fronteiras,
por enriba de muros e valados,
se os nosos berros son iguales,
como un irmau che falo.

Anque as nosas palabras sexan distintas
e ti negro e eu branco,
en tendo semellantes as feridas,
como un irmau che falo.

Común temos a patria,
común a loita ambos,
a miña mau che dou, é mau de irmau,
como un irmau che falo.

Anque as nosas palabras sexan distintas
e ti negro e eu branco,
en tendo semellantes as feridas,
como un irmau che falo.

Se sentes en probeza,
se sofres inxusticia,
se cheo de rabexa
encirras á cobiza
do teu peito o can,
para ti chea de forza
vai miña mau, irmán.

Disco: Noutrora e Galiza a Xosé Afonso
Letra: Rosalía de Castro
Música: José Niza
Arranxos: Xoán Fuertes

Disco: Terra de soños
Arranxos: Xoán Fuertes e Xosé Lois Romero

Iste vaise e aquel vaise
e todos, todos se van;
Galicia sen homes quedas
que te poidan traballar.

Tes, en cambio, orfos e orfas,
tes campos de soidade.
Tes nais que non teñen fillos,
e fillos que non teñen pai.

E tes corazóns que sofren
longas ausencias mortais,
viúvas de vivos e mortos
que ninguén consolará.

L

Disco: Fuxan os Ventos
Letra: Manuel María
Música: Antón Campelo

Toda a miña xente
de labregos foi,
xunguidos á terra
con xugo de boi.

Meu pai é labrego,
tamén meus avós,
pasaron a vida
tripando terrós…!

Meu pai é labrego,
labrego naceu,
e labra nos eidos
traballando a treo!

Meu pai é labrego,
labrego naceu.
Meu pai é labrego
sen terra de seu!

Meu pai é labrego,
labreguiño eu son.
Pasarei a vida
xunguido ao terrón!

Disco: Quen a soubera cantar
Letra e música: Xosé L. Rivas Cruz «Mini»

Lobos no medio da noite
ceibaron un día o seu aular;
óuvense berros de medo
e o queixume quedo da morte ao pasar.
Foron trizando na noite
estrelas lucentes daquel alborear,
escuras canles de sangue,
e os corpos sen vida e as armas cantar.

Fuxe, fuxe, fuxe que logo virán
lobos, lobos, lobos que baixan para o val;
lisca, lisca, lisca para o outro lado do mar;
fuxe, fuxe, fuxe que están a chegar!

Baixan os lobos na noite:
non deixes que afoguen o noso cantar.

Feras de sangue sedentas,
cativas conciencias do quedo luar
cobren a Patria de morte,
que queda sen norte, ai, do seu cantar!
Logo o silencio mesquiño…
non temos camiño, non vale chorar:
Han nacer os novos fillos,
que do vento frío o día farán!

Volta, volta novas gorxas a cantar
bule, bule, bule que o día virá;
loita, loita, loita coa noite acabar,
mira o día que vén do cabo do mar!

Saca ese cantar da noite
deixa que se escoite para nunca acabar!

Anos pasaron, e aínda
os lobos da morte habitan no val;
andan con peles de ovellas,
en clas de cantores da vida e da paz.
Temos na memoria, vivos,
aqueles cativos, aquela ruindá:
Non haberá tempo que lave,
nin perdón que acale a nosa verdá!

Fuxe, fuxe, fuxe que están a chegar
loita, loita, loita coa noite acabar;
lisca, lisca, lisca para o outro lado do mar,
bule, bule, bule que o día vira!

Saca ese cantar da noite,
deixa que se escoite para nunca acabar!

Letra: María Victoria Moreno
Música: Xoán Fuertes

Neste (a)mencer de pombas indecisas
conversarei coas fontes
onde beben pesares cristalinos
as tebras que se axitan pola noite.

Esa lúa de prata
atopou o tesouro
que eu perdera na auga.

No laio dos farois agonizantes
evocarei os nomes
que acenderon lucernas balbucintes
nas fragas mestas onde os medos dormen.

Esa lúa de prata
atopou o tesouro
que eu perdera na auga.

Neste tremor de chumbo e de diamante
serei luz que se esconde
no ardor aceso que xerou os días
ou na xerfa esfiañada en surtidores.

Esa lúa de prata
atopou o tesouro
que eu perdera na auga.

No rubor das estrelas acaladas
achegareime á morte,
sentirei o feitizo dos seus ollos,
e o seu bico na fronte.

M

Disco: Na memoria dos tempos
Letra e música: Tradicionais
Arranxos: Ramón Díaz e Xoán Fuertes

Disco: Terra de soños (DVD)
Colaboración: Rodrigo Romaní (arpa)

Paseábase Malvela
da sala para o ventanal
dolores danlle de parto,
non teñen conto nin par.

Tanto aperta os seus dediños
que os aneles fai quebrar.
‒Quen me dera estar agora
nos pazos de Valladar,
descansando estas dolores
nos brazos de miña nai.
‒Erte, Malveliña, erte,
vai parir a Valladar;
parirás onda tu madre,
non pasarás tanto mal.
‒E cando veña don Berso
quen lle m’a pór de xantar?
‒De xantar heille pór eu
a i-hora del chegar,
e da caza que trouxer
eu che mandarei mitad.
Malvela sae pola porta,
don Berso peta ao portal.
‒Onde vai o meu espello
onde me soio espellar?
‒Por cal preguntas, meu fillo,
polo de ouro ou de cristal?
‒Non é polo de ouro, madre,
nin é polo de cristal,
pregunto por Malveliña
que non me veu abrazar.
‒Malvela non está en casa,
foi parir a Valladar,
como se aquí eu non tivese
pan nin viño para lle dar.
Vai cun galanciño ao lado
da raia de Portugal.
Malo sexas ti, meu fillo,
pola non ires buscar!
‒Non farei eso, mi madre
ata saber a verdad.

Disco: Sementeira
Letra e música: X.L. Rivas «Mini»

Melra, melriña,
doce asubiar;
tras daquel valo;
fuches pousar;
eu hei saber
do teu neal.

Anque te agaches
no silveiral,
anque me leves
para outro lugar;
eu hei saber,
do teu neal.

Non teñas medo,
non hei roubar,
os paxariños
que queres gardar;
quero saber
do teu neal.

Biquiño rubio,
lindo asubiar!,
dime onde gardas
o teu fogar.
Non teñas medo,
non hei roubar,
nin os teus fillos,
nin o teu cantar.

Disco: Quen a soubera cantar
Letra: Marica Campo / Xesús Mato
Música: Xesús Mato

Disque vai frío nos montes galegos,
disque vai vento na beira do mar;
disque morreu a esperanza no pobo,
disque o futuro non pode agromar.

Lerias e lerias dos abafantes,
dos que se empeñan o pobo afogar:
ti e mais eu, todos nosoutros, somos Galicia,
e aínda estamos por enterrar.

Lerias e lerias dos abafantes,
dos que se empeñan o pobo afogar:
temos futuro, temos mañá,
xa que Galicia empeza a espertar.

Foi longa a noite pero xa alborea,
fonda a ferida, pero está a sandar,
doente a fame, mais virá a fartura:
os cans do medo fuxindo xa van.

Terra de vivos e non de fantasmas,
terra de homes a facer a paz:
a paz do pobo, a irmá da xustiza
é vinculeira do viño e do pan.

Disco: Galicia canta o neno
Letra e música: Tradicionais

Meu carrapucheiriño, sol de Belén,
bótame ises olliños, vasme morrer.

Miña prendiña, miña monada,
meu queridiño, estás nesas pallas;
por veces choras, por veces calas,
e da bica dun galego,
canto pides, tanto mandas!

Meu carrapucheiriño, sol de Belén,
bótame ises olliños, vasme morrer.

Quixera terte no colo,
o teu corpiño arrolar!;
e, por veces, co meu folgo,
as túas bágoas enxugar!
as túas bágoas enxugar!

Meu carrapucheiriño, sol de Belén,
bótame ises olliños, vasme morrer.

Disco: Fuxan os Ventos
Letra e música: Tradicionais

Miña nai por me casar
ofreceume canto tiña,
e agora que me casei,
pagoume cunha galiña.

Miña nai por me casar,
ofreceume unha becerra,
e agora que me casei,
díxome que lle morrera.

Miña nai por me casar
ofreceume tres ovellas,
unha manca e outra torta,
outra cega e sin orellas.

Miña nai por me casar
ofreceume un año tolo
e agora que me casei,
dixo que o comera o lobo.

Miña nai por me casar
prometeume bois e vacas
e agora que me casei,
deume unha cunca de papas.

Miña nai por me casar
meu pai por me dar o dote,
armaron unha regueifa,
rompéronlle os pés ao pote.

Teño penas e alegrías,
teño dous males a un tempo,
cando a pena me mata,
a alegría dáme alento.

Disco: Sementeira e Terra de soños (DVD)
Letra e música: Tradicionais
Arranxos: Olga Ceide

Era unha noite de chuvia e de frío
a que eu pasei no muíño do río,
toda contenta empecei a cantar,
para non ter medo e a noite pasar.

Dum, dum, petan á porta, saio a correr:
é Marquexiño que viña moer!

Viña cun conto, levado do demo
cousas que as mozas, moitas non queremos!
O pillo dicía: «Eu quero moer,
no muíño do río, hoxe ten de ser!».

No meu muíño non moe ninguén
todos o queren porque moe ben!
Que moe ben, dirano os tolos,
pero, polo visto, non moe para todos!

E se ti queres, para min moerá
e se non queres xa che pesará!
E, se me pesa, hei de pousar
pero, por ti, non hei de chamar!

Pero Marquixo, como é «caradura»
foise achegando e colleume a cintura.
Eu teño xenio, logo me enfadei,
co aliviadoiro, no lombo lle dei.

Boteino fóra, e cerreille a porta
porque pensei que lle daba unha volta.
Pobre Marquixo, que mal lle saleu,
que levou na chepa, e mais non moeu.

Disco:Sempre e mais despois
Letra: Tradicional
Música: Tradicional / Xoán Fuertes
Arranxos: Xoán Fuertes

Saíde a bailar mociños,
saíde a bailar agora,
saíde a bailar mociños,
que a foliada vai boa.

A foliada vai boa,
ela non vai de perder
quen non ten amores nela,
desexará de os ter.

Saca punto, saca punto,
galanciño, no turreiro,
saca punto, saca punto,
ti e mais o compañeiro.

Quedaron de vir, han vir.
Quedaron de vir, han vir.
Elas deron a palabra
e elas hana de cumprir.

Disco: Sementeira
Letra: Marica Campo
Música: Tradicional / X.L. Rivas «Mini»

Disco: Terra de soños
Colaboración: Mercedes Peón

Ai, meu gaiteiriño,
aínda me acorda,
cando baixabas polo monte abaixo,
e víñasme ti dicindo:
«Bota carne no pote, Marianiña,
bota carne no pote, Marianá,
un molete enteiro enservelletado,
unha bota de viño, chupaená!».

Muller, fartura de loita,
que che hei dicir eu, muller?
Se ti es coma a terra nosa,
e a terra coma ti é!

Deixeivos a entrambas soias
anque convosco quedei.
Baleira quedou a terra
ti sementada, abofé.

E o vento dicía:
«Pronto hei de volver,
para tirar a fame,
para poder comer».

Ai, muller, cantas noitiñas,
te deitaches coa tristura?
E o vento frío traía,
as novas dos que murmuran.

E o vento dicía:
«Pronto hei de volver,
para tirar a fame,
para poder comer».

Ti es o milagre da terra
e a terra é un milagre teu,
mestura de mel e cerna,
de fera e de anxo do ceo.
Pariches de pé o fillo,
como fan no monte as bestas.
E hoxe que eu volto vencido,
para que eu venza ti te deitas.
E ao voltar, que che hei dicir?!
Maldito o día e a hora
en que vos deixei aquí
para procurar vida fóra!
O inverno da emigración
roubounos a primavera,
quen eu era, xa non son,
e ti non es a que eras.
Xa poden os leiros dar
colleitas ben abondosas,
poden en Madrid falar
con palabras ben fermosas,
que nunca, nunca
nos han de pagar
a nosa fame de outrora!

N

Disco: Noutrora
Letra e música: Tradicionais
Arranxos: Xoán Fuertes

Disco: Terra de soños
Colaboración: Uxía

Quen é ese que anda no postigo?
O meu maridiño deitado comigo
é, rum, rum.
Quen é ese que peta á ventá?
Estache o pai do que chora na cama
e rum, rum.

Esta noite non, queridiño,
que che está na cama
o pai do meniño.
E rum, rum meniño e.

Demo do patache!
Ía para Ribadeo,
deulle o vento en proa
e á casa volveu
e rum, rum.

Esta noite non
que che está na cama
o pai do concón,
e rum, rum meniño e.

E se queres algo
sáeme ó camiño
que eu de mañá cedo
hei de ir ao muíño,
e rum, rum.

Esta noite non, queridiño,
que che está na cama
o pai do meniño.
E rum, rum meniño e.

Se non o entendiches
enténdelo agora,
que che está comigo
o pai do que chora
e rum, rum..

Esta noite non
que che está na cam.
o pai do concón,
E rum, rum meniño e.

Disco: Fuxan os Ventos
Letra: Ramón Cabanillas
Música: X.L. Rivas «Mini»

Noite diante dos ollos!
Noite no pensamento!
Costa enriba caíndo,
sen ver onde tropezo!
Soio unha espranza:
o raio aceso
dunha estreliña
que brila ao lexos.

Esquencido dos fillos!
Burlado dos alleos!
Afundido na sombra!
Magoado polo peso
dunha xusticia en feira
escrava do diñeiro!

Soio un consolo
pon no meu peito:
a lus da estrela
que brila ao lexos.

Nas maus as feridoras
cadeas do foreiro!
Espido, arrodeado
de roxos cans famentos
que con dentes e uñas
gobernan nos meus eidos.

Soio antre a sombra
tenme direito
a lus da estrela
que brila ao lexos.

Abafado, sentindo
como funga no vento,
o rachador estalo
da tralla de negreiro,
que o maldito cacique
mercou coa ialma ao Demo…!

Soio me alenta
niste deserto,
a lus da estrela
que brila ao lexos.

Rube, rube ao Calvario,
ou, Cristo destes tempos!
Un derradeiro esforzo,
un paso máis, labrego!
A estrela é unha fogueira
que xa está preto!

A lus da espranza,
o lume aceso
disa estreliña
que xa está preto…

Disco: Galicia canta o neno
Letra e música: Tradicionais

No pendello que hai xunto ao camiño,
istes días pasados naceu
un Meniño, pequeniño,
que parece do Ceo caeu.
Din que é o Mesías,
din que é o Ben!
Corramos todos
a bicarlle o pé!

Vinde, vinde, rapaciños,
vinde, vinde ver o Neno
que envoltiño nuns carpaciños
e nun portaliño pequeno!

Disco: Galicia canta o neno
Letra e música: Tradicionais

Nosa Señora fai medias,
con nobeliño de luz,
algodón de lúa chea,
e as medias son para Xesús.

E vamos todos, pois vamos todos
adorar o Redentore,
que naceu o rei de reises en Belén,
en Belén entre os pastores.

Nosa Señora ten medo
arrepíos de tenrura;
para que non esperte o Neno
tapan os Anxos a lúa.

E vamos todos, pois vamos todos
adorar o Redentore,
que naceu o rei de reises en Belén,
en Belén entre os pastores.

O

Disco: Fuxan os Ventos
Letra e música: Tradicionais

Disco: Terra de soños
Colaboración: Xabier Díaz

Traigo la roda de la molandeira
pra afiarlle a aquel que queira;
e a todos lles cobro igoal:
por navallas, tres perriñas,
e por tixeiras, un rial.

Dálle na roda, dálle madeira
pra afiare a aquel que queira
eu cuchillos, eu navallas, eu tixeiras.

Cuando salí de Galicia,
a correre el mundo enteiro
fui por grandes ciudades
con ventanas e balcoes.

Dálle na roda, dálle madeira
pra afiare a aquel que queira
eu cuchillos, eu navallas, eu tixeiras.

Cuando salí de Galicia,
salí bien acompañado,
dunos cuantos haraganes
como los que tengo al lado.

Dálle na roda, dálle madeira
pra afiare a aquel que queira
eu cuchillos, eu navallas, eu tixeiras.

Viña dicindo unha nena
no coche de Travadense
que pra ser bon paragüeiro
hai que nascer en Ourense.

Dálle na roda, dálle madeira
pra afiare a aquel que queira
eu cuchillos, eu navallas, eu tixeiras.

Disco: Fuxan os Ventos, Terra de soños (DVD) e A Terra sabe a loita
Letra: Manuel María
Música: Antón Campelo

Labrado da miña mau
fixen coa miña navalla
un aradiño de pau.

Leva timón e chavella
e unha rella furadora
feita cunha lata vella.

Ten orelleira, rabela
tan luída e rematada
que namora mirar pra ela.

O meu arado é tan feito
que pode incluso esfender
labradíos a barbeito.

Teño xa que darlle estreno
ao meu arado arador,
ao meu arado pequeno.

E non sei onde hei de ir
buscar os bois que preciso,
buscar os bois pra xunguir.

Labrado da miña mau
fixen coa miña navalla
un aradiño de pau.

Disco: Na memoria dos tempos
Letra e música: Tradicionais
Arranxos: Ramón Díaz e Xoán Fuertes

Estando cosendo
na miña almofada,
miña agulla de ouro
meu dedal de prata,

pasa un cabaleiro
pedindo pousada.
‒Se meu pai quixer
eu de boa gana.

Meu pai era vello
non me dixo nada.
As irmás dicían:
‒Caballero, pasa.

Prendeu o cabalo
á porta da cuadra
con cordón de seda,
cadea dourada.

Puxéronlle a cama
nun canto da sala
con colchóns de seda,
as sabas de Holanda.

Pola medianoite
el se levantaba
e das tres meniñas
a Irene roubaba.

Disco: O Téqueletequele e Terra de soños
Letra: Manuel María
Música: Baldomero Iglesias

Non canta na Chá ninguén,
por iso, meu carro canta,
canta o seu eixo tan ben
que a señardade me espanta.

Non hai canto tan fermoso:
fino coma un asubío,
anque é, as vegadas, saudoso
faise no ar rechouchío.

O meu carro é cerna dura:
sábese carballo e freixo.
Que fermosa é a súa feitura!
Que lixeireza a do eixo!

As cousas vanse aledando
por onde meu carro pasa.
Carrétame herba pró gando!
Tráeme a colleita prá casa!

Disco: Sempre e mais despois
Letra: Tradicional
Música: Tradicional / Xoán Fuertes
Arranxos: Xoán Fuertes

Ábreme a portiña,
ábreme o postigo,
dáme do teu lenzo,
ai, meu ben!,
que veño ferido.

Pois se vés ferido
vés a mala hora,
que as miñas portiñas,
ai, meu ben!,
non se abren agora.

Miña nai, esperte,
nin tanto durmir,
veña ouvir un cego,
ai, meu ben!
cantar e tañir.

E se il canta e pide
dálle pan e viño,
dille ao triste cego
ai, meu ben!,
que siga o camiño.

Non quero seu pan,
nin quero seu viño,
quero que Rosiña,
ai, meu ben!,
me ensine o camiño.

Colle, ou Rosiña,
a roca e o liño,
vai co triste cego,
ai, meu ben!,
dicirlle o camiño.

Anda, ou Rosiña,
máis outro pouquiño,
son curto de vista,
ai, meu ben!,
non vexo o camiño.

De condes e duques
xa fun pretendida
e agora dun cego,
ai, meu ben!,
véxome rendida.

Eu non che son cego,
nin Dios o permita,
sonche o conde Alberto,
ai, meu ben!,
que te pretendía.

Adeus, miña casa,
adeus, meus quintais,
adeus, compañeiras,
ai, meu ben!,
para nunca máis.

Disco: Sempre e mais despois
Letra e música: Tradicionais
Arranxos: Xosé Luís Freire e Pedro Lucas

Disco: Terra de soños
Colaboración: Miguel Lustres (acordeón)

Que levas nesa saia
que tanto valor lle dás?
Levo garavanzos e fabas
para ir estraperlar.

Con iso do estraperlo,
con iso de estraperlar,
con iso do estraperlo
nin Deus quere traballar.

Que levas nesas alforxas
que tanto valor lle dás?
Levo café e azúcar
da raia de Portugal.

Disco: Fuxan os Ventos
Letra e música: X.L. Rivas «Mini»

Para onde vas Lelo
co aro de ferro
no día que fai
de mañá cedo.

E un cabás novo
e uns libros vellos,
nos zocos anos
de lama cheos.

Vou a ser outro
para aquil cortello,
de días de escola,
iste é o primeiro.

Hei estudar,
temos maestro,
para que mañá
seña home feito.

Como che foi?
Conta, meu neno,
de certo que hoxe
xa tras proveito.

Bah! Non é nada, eu non o entendo
pois abofellás, que no meu testo
non sei que fala o meu maestro.

Di que vostede, chámase abuelo;
miña nai, madre, e o chan el suelo.
Tamén zorrega capós a eito,
se dis que é mouro en ves de negro.

Mamai á escola non vou de certo.
Eu non entendo, non vallo para eso.
Falas estranas, e estranos lerios.
Do meu non falan. Falan de lexos.

Para endurecer as maus no leiro
aínda non compre iste maestro.

Disco: Fuxan os Ventos e Terra de soños
Letra: Darío Xohán Cabana
Música: Antón Campelo

Por unha noite de séculos
corrían tres feros galgos,
tres feros galgos da noite
afiados coma dardos.
Un lobo de ollos de lume
tras deles ía avanzando;
levaba luz nos seus ollos,
luz de días agardados.
E entrando en terra de soños,
ían os soños cantando:

Corre, lobo de esperanzas,
brinca muros e valados,
que ises tres galgos de noite
queden vencidos e escravos.

Ponte de luz as estrelas
con nova forza alumaron;
os galgos corrían ben,
mais o lobo ía irado
e nun recanto de lume,
matounos de tres zarpazos.

E os ríos cantaron a coro
un canto nunca cantado
o horizonte abreuse en cantigas
por un claro navallazo,
e o ceo foi outra vez
un ceo azul e mais branco.

Disco: Quen a soubera cantar e Terra de soños
Letra: Manuel Alegre / X.L. Rivas «Mini»
Música: X.L. Rivas «Mini»

Meu amor é mariñeiro
e vive no alto mar;
son os seus brazos o vento
ninguén llos pode amarrar.

Meu amor é mariñeiro
e cando me vén falar
pon un caravel nos beizos
no corazón un cantar.

Eu son libre como as aves
e paso a vida a cantar;
corazón que nace libre
non se pode encadear.

Traio un navío nas veas
eu nacín pra mariñar;
quen tente pórme cadeas
hame primeiro matar!
Vale máis ser libre un día
no confín do bravo mar,
que vivir toda a vida,
preso, escravo e a calar!

El vive alá lonxe, lonxe,
onde brúa o bravo mar,
e coa súa forza inmorrente
onda nós ha de voltar!

Nun momento, de repente,
eu sei que un día virá,
como se o mar e o vento,
en nós abrise a cantar.

Hei pasar polos lugares
como o vento no areal
abrir todas as ventanas
coa escravitude acabar!

Polas rúas das cidades
hei de pasar a cantar,
traendo na mau dereita
a espada da liberdade.
Como se un navío entrase
de súpeto, na cidade,
traendo a voar no mastro
bandeiras de liberdade!

Disco: Noutrora e Terra de soños (DVD)
Letra e música: Tradicionais
Arranxos: Xoán Fuertes

Veño da terra de ouro,
veño da terra dourada,
veño da terra dos homes
pero non veño casada.

Adiós, rapaciña, adiós;
eu para ti xa non era
anque máis altos navíos
navegan con menos vela.

E vira e vira,
senón viro eu;
teu pai é meu sogro,
teu amor son eu.

Eu caseime por un ano
por saber que vida era;
agora o ano acabouse,
solteiriña quen me dera!

Dices que te vas, te vas;
xa te puideches ter ido;
se te foras hai un ano,
xa me tiñas esquecido.

E vira e vira,
senón viro eu;
teu pai é meu sogro,
teu amor son eu.

Disco: Noutrora, Terra de soños (DVD) e Galiza a José Afonso
Letra e música: Tradicionais
Arranxos: Xoán Fuertes

Somos probes cesteiros,
cestos que compoñer,
pobriños de nosoutros
que vamos a morrer.

Fame que temos, vaia por Dios!
non sei se é fame se será tose;
entra pola boca, sae polos pés,
todo este mundo anda ao revés.

Cando vamos á feira
cos cestos a vender
chamamos as mulleres
que nolos veñan ver.

E son bos cestos e son, son, son,
que coma os meus non hai ningún bon
e son bos cestos, míremos ben,
pois coma os meus xa non os fai ninguén.

Cando vamos para a vila
pola calle raial
quedan as señoritas
sentadas nun portal.

Elas, moi empolvadas,
saen para o mirador
e falan polos dedos
palabriñas de amor.

Eses son cestos eses son, son,
en todos eles non hai un bon.
Vistes os cestos, vístelos ben,
pois coma eles non os fai ninguén.

P

Disco: Galicia canta o neno
Letra e música: Tradicionais

-A señora ama da casa
ten a color da cereixa.
Ela como é boa moza
sen esmola non nos deixa.

-Esta casa si que é casa,
estas si que son paredes,
a muller que nela está
é muller entre as mulleres.

-Ai, señora ama da casa,
cachee ben os bolsillos
e se non nos ha de dar cartos
déanos ovos ou chourizos.

Disco: Sementeira
Letra e música: Tradicionais

O muíño treina treina
o grau faino treinar
hei de dicir o que penso
agora que vou cantar.

Canta gordo, canta gordo,
meu irmau, Manoeliño,
canta gordo, canta gordo,
que eu cantarei delgadiño.

Agora coa democracia
veu o dereito a votar
o dereito é para homes libres;
nós, a libertá a emigrar.

A chumbeira da xustiza,
non vin cousa semellante!
colle os peixes pequeniños
e deixa fuxir os grandes!

Os deputados nas Cortes
falan de moito sandiose
falan, e falan e falan,
e o traballo é para nose.

Seica a vaca xa non daba
para tanto lambón chupar;
agora coa autonomía
novos tetos van armar!

Disco: Quen a soubera cantar
Letra e música: Tradicionais

Eu caseime no Araño,
coa filla dun arañón;
ela bonita non é,
pobre si, honrada non.

Heime de casar hogano,
anque seña co raposo,
heille de afeitar o rabo
para que seña vanidoso.

Sei tocar e sei bailar,
tamén sei face-lo tonto,
como son fillo dun pobre,
teño que saber de todo.

O raposo vai ao monte,
pola rodeira do carro,
leva os ollos na cabeza,
e o cu debaixo do rabo.

Verbo xido, miña purria,
que intervás por areona,
heiche de valdrir os zurrios
e rosmarche na morrona.

Son de Lugo, son de Lugo,
e non o podo negar;
miráime para a miña cara,
o leite que podo dar.

Os amores dunha vella
son amores dunha santa,
des que se deita na cama
toda a noite o cu lle canta.

Miña nai como era probe
fixo as papas nunha ola,
eu como son fillo dela
o que é rico que se foda.

Letra: Xosé María Díaz Castro
Música: Xoán Fuertes

Un paso adiante e outro atrás, Galiza,
e a tea dos teus sonos non se move.
A esperanza nos teus ollos se espreguiza.
Aran os bois e chove.

Un bruar de navíos moi lonxanos
che estrolla o sono mol coma unha uva.
Pero ti envólveste en sabas de mil anos,
e en sonos volves a escoitar a chuva.

Traguerán os camiños algún día
a xente que levaron. Deus é o mesmo.
Suco vai, suco vén, Xesús María!,
e toda a cousa ha de pagar seu dezmo.

Desorballando os prados coma sono,
o tempo vai de Parga á Pastoriza.
Vaise enterrando, suco a suco, o outono.
Un paso adiante e outro atrás, Galiza!

Disco: Pelo Gato 24
Letra e música: Tradicionais
Arranxos e adaptación: Paulo Nogueira e Magoia Bodega

Canta cuco, canta cuco,
que tamén canta a bubela,
cantan os paxaros todos
no tempo da primavera,
no tempo da primavera,
ai la le lo, ai la la lo.

Xosé vai lavar a perna.
Xosé vai lavar o pé.
Xosé pequeniño era,
pequeniño era,
pequeniño é.

O carrizo e a carriza
tiveron unha porfía,
o carrizo quere a noite
e a carriza quere o día,
e a carriza quere o día,
ai la le lo, ai la la lo.

Xosé vai lavar a perna.
Xosé vai lavar o pé.
Xosé pequeniño era,
pequeniño era,
pequeniño é.

A miña pombiña branca
está no hórreo da eira.
Non ma mates, cazador,
que é a miña compañeira,
que é a miña compañeira,
ai la le lo, ai la la lo.

Xosé vai lavar a perna.
Xosé vai lavar o pé.
Xosé pequeniño era,
pequeniño era,
pequeniño é.

Disco: Galicia canta o neno
Letra e música: Tradicionais

Por entre as silveiras,
cantan alegres os paxariños,
anunciando a todos
con gran esplendor
que naceu o Neno
máis excelente e máis bonitiño
que vén ser fillo do noso Señor.

A Belén vinde, pastores,
alí naceu o Meniño
que está, meu Ben, tiritando,
ai!, tiritando de frío.
E, o Probiño, temblando está
e naide corre para o ir quentar;
soio un boiciño, co seu soprar,
quentaba o Neno, sen descansar!

Por entre as silveiras,
cantan alegres os paxariños,
anunciando a todos
con gran esplendor
que naceu o Neno
máis excelente e máis bonitiño
que vén ser fillo do noso Señor.

As ovelliñas, pacendo,
pola beira do regueiro,
berran porque xa naceu
o Rei da Terra e do Ceo.
E as aves todas, co seu chiar
festexan xuntas a Navidad
cos seus chiídos, sen descansar,
louvan o Neno que está no Portal.

Por entre as silveiras,
cantan alegres os paxariños,
anunciando a todos
con gran esplendor
que naceu o Neno
máis excelente e máis bonitiño
que vén ser fillo do noso Señor.

Disco: Sempre e mais despois
Letra: Tradicional
Música: Tradicional / Xoán Fuertes
Arranxos: Xoán Fuertes / Pedro Lucas
Recollidas a Inés e Paz (Curtis) e a Xoán Bello Mallou

Por ir de noite caín na lama
por unha nena que namoraba,
que namoraba, que namoraba,
por ir de noite caín na lama.

Carmiña, Carmela
que pena me dás
na guerra de Cuba
morreuche o rapaz.
Morreu, morreu,
deixalo morrer
que para ti, Carmela,
rapaz ha de haber.

Por ir de noite caín na lama
por unha nena que namoraba,
se en vez de noite fora de día,
topeneaba mais non caía.

Carmiña, Carmela
que pena me dás
na guerra de Cuba
morreuche o rapaz.
Morreu, morreu,
deixalo morrer
que para ti, Carmela,
rapaz ha de haber.

Por ir de noite caín na lama
por una nena que namoraba,
e se non fora non caería
pero tampouco namoraría.

Carmiña, Carmela
que pena me dás
na guerra de Cuba
morreuche o rapaz.
Morreu, morreu,
deixalo morrer
que para ti, Carmela,
rapaz ha de haber.

Disco: Quen a soubera cantar
Letra e música: Tradicionais

Ai, que me comen as pulgas!
Ai, que me chouchan os dentes!
Rapaza, na túa cama,
na túa cama tes
unhas pulgas doentes.

Para onde vas, Maria?
Veño da verdura,
que ricos repolos
ten o señor cura,
por baixo da saia.
Para onde vas Maria?
Veño da ensalada.

A que casa cun viúvo,
ten gana de se casar;
fol que xa foi sacudido,
miña queridiña,
fariña non dá!

Para onde vas, Maria?
Veño da verdura,
que ricos repolos
ten o señor cura,
por baixo da saia.
Para onde vas Maria?
Veño da ensalada.

A vella do pelo branco
que vai á festa e non baila,
se ve tocar o gaiteiro,
farruco garrido,
só mira para gaita!

Para onde vas, Maria?
Veño da verdura,
que ricos repolos
ten o señor cura,
por baixo da saia.
Para onde vas Maria?
Veño da ensalada

O meu home foi ao muíño,
e veu cheo de fariña:
el muiñeiro non é,
que diaño de home teño!
A quen se me arrima?

Para onde vas, Maria?
Veño da verdura,
que ricos repolos
ten o señor cura,
por baixo da saia.
Para onde vas Maria?
Veño da ensalada.

Disco: Noutrora
Música: Tradicional
Arranxos: Pedro Lucas
Do repertorio de Xoán Bello Mallou

Instrumental

R

Disco: Galicia canta o Neno
Letra e música: Tradicionais

Oigan y escuchen todos
esta nova tonada.
La alegría y buen gozo
y esté en la casa el ama.

A Belén una niña
camina apresurada
y hermosa en cuanto bella
y un viejo en su compaña.

¡Vaya de regocijo!
¡Vaya de Infiesta vaya!
Y en Belén ha nacido
el bello sol del alba.

Caminan poco y poco
llegaron a una casa
de dentro le responden
¿quién de estas horas llama?
¡Vaya de regocijo!

E a señora ama da casa
como é tan honrada
subirá ao caínzo
e cortará sin taxa.

E o señor amo da casa
como é tan honrado
subirá ao caínzo
e traerá un xarrado.

Disco: Quen a soubera cantar e Terra de Soños
Letra: Tradicional
Música: X.L. Rivas «Mini»

Era unha noite de lúa,
era unha noite clara,
eu pasaba polo río,
de volta da muiñada.

Topei unha lavandeira
que lavaba ao par da agua
ela lavaba no río,
e unha cantiga cantaba.

Moza que vés do muíño,
moza que vas pola estrada:
axúdame a retorcer
miña saba lavada.

Santa María te axude,
e San Lourenzo te valla!
Desaparece a lavandeira
como fumeira espallada.

Onde as sabas tendera
poza de sangue deixara.
Era unha noite de lúa,
era unha noite clara.

Disco: O Téqueletequele
Letra e música: Tradicionais

‒Ai, Rufina hermosa, ti que fas eí…?
‒Estou gardando o gado; ben mo ves aquí.
‒Ai, Rufina hermosa,e ti gardas o gado?
‒Xa Dios me criou pra este traballo.
‒Ai, Rufina hermosa, queres vir comigo?
Neses montes soia córreche perigo.
‒Ai, Xesús divino! Quen tal me desexa…!
Querer que se perda a facenda allea.
‒Non che digo eso, nin tal como eso,
dígoche que veñas a tomar o fresco.
‒A tomar o fresco non vou, nin irei;
vou gardar o gado, que o perderei.
‒O gado, Rufina, non che dea cuidado;
que se ti o perdes, eu irei buscalo.
‒Ai, Xesús divino! Seica vés ufano…?
Con mangas de seda gardar o meu gado!
‒Mangas e vestidos teño de romper,
Rufiniña hermosa, por che dar pracer.
‒Vaite de aí, humano, non me deas pena,
que ha de vir meu amo traerme a merenda.
‒E se vén teu amo, en que te ocupaches?
veu un trobón de auga, di que te abrigaches.
‒Sei contar verdá, eu mentir non sei,
vou gardar o gado, que o perderei.
‒O que estás de bravo e de impertinente…!
Homes non son lobos que coman a xente.
‒E se estou de bravo, fago moito ben;
que se estou de bravo, todo me convén.
‒Todo che convén? Dígoche eu que non.
Linda, me has de ter no teu corazón.
‒Vaite de aí, majo, non me deas tormento.
non te podo tere no meu pensamento.
‒Xúroche, Rufina, á fe de quen son
que ti es miña irmá, e eu teu irmao son,
‒Se ti es meu irmao, e eu túa irmá son,
de canto che dixen, pídoche perdón.
‒Pídeme perdón; estache perdonado.
Dáme a túa mao e ponte dacabalo.
‒Xentiña de fuga garde o meu gado
que aí vai a Rufina co seu namorado.

Disco: Sempre e mais despois
Letra: Tradicional
Música: Tradicional / Xoán Fuertes
Arranxos: Xoán Fuertes

En los jardines del rei
hai unha herba encantada
toda muller que a come
logo queda embarazada.

Mañanciñas de San Xoán,
doña Eusenda madrugara.
En los jardines del rei
comeu da herba encantada.

De alí a moi pouco tempo
le recachaba la enagua
cando iba para la misa
su padre la reparaba:

‒Tú que tienes, doña Eusenda,
que te recacha la enagua
o tienes el mal de aldrope
ou tu te alcontras preñada.

‒Nin eu teño o mal de aldrope
nin eu me alcontro preñada.
Foi o mal das augas frías
bebidas na madrugada.

Chamoulle dous ciruxanos
dos máis sabidos de España;
un repáralle o pulso,
outro repáralle a cara,
os dous dícenlle á unha:
«Doña Eusenda está preñada».

‒Que o sexa, que non o sexa
o Rei que non sepa nada,
que si el Rei padre lo sabe
teño la muerte xurada.

Disco: Sempre e mais despois
Letra: Tradicional
Música: Tradicional / Xoán Fuertes
Arranxos: Xoán Fuertes

Disco: Terra de soños
Colaboracións: Rodrigo Romaní (arpa), Uxía (voz)

Cabeza de burro
que nada entende,
o pai do neno
na cama se tende.

Ai rorró, ai rorró
que agora non.

Que nada entendes
cabeza de burro,
o pai do neno
observa tudo.

Ai rorró, ai rorró
que agora non.

Se ti queres
e eu tamén,
todo habemos
de arranxar.

Ai rorró, ai rorró
que agora non.

Son muller
moi capaz
para a casa
gobernar.

Ai rorró, ai rorró
que agora non.

Canta o galo
sae o día
reloxo
dos namorados.

Ai rorró, ai rorró
que agora non.

Acórdate,
meu amor,
non nos collan
descoidados.

S

Disco: Noutrora
Letra: Xohán Servando
Música: Xoán Fuertes

Mía madre belida e non me guardedes
de ir a San Servando ca se o facedes
morrerei de amores, morrerei de amores.

E non me guardedes se vós ben haxades
de ir a San Servando ca se me guardades
morrerei de amores, morrerei de amores.

E se me vós guardades de atal perfía
de ir a San Servando facer romaría
morrerei de amores, morrerei de amores.

E se me vós guardades eu ben volo digo:
hei ir a San Servando ver meu amigo
morrerei de amores, morrerei de amores.

Disco: Galicia canta o neno
Letra e música: Tradicionais

San Xosé e mais María,
ían xuntos para Belén,
íanlle cantar os reises
a Xesús de Nazaré.

Fóronse de vila en vila
e de lugar en lugar
na busca de Xesucristo
non o puideron atopar.

Aquela paloma branca
que está detrás do altar,
aquela é Nosa Señora
que nos quería axudar.

E á señora ama da casa
nunca lle a cabeza doía,
se nos dera un torresmiño
para lle untar a zanfoña.

Disco: Sementeira
Letra: Lois Álvarez Pousa
Música: X.L. Rivas «Mini»

Sementar sementarei,
loguiño de clarear,
en tanto no pobo medre
un meniño, un vello e un cantar.

Un meniño rebuldeiro
que fale na lingua nai,
que suba aos pexegueiros
a froita verde roubar.

Sementar sementarei,
loguiño de clarear,
en tanto no pobo medre
un meniño, un vello e un cantar.

Un vello que dea consellos,
un rostro de fume e pan,
que conte contos aos nenos
do cuco e do paspallás.

Sementar sementarei,
loguiño de clarear,
en tanto no pobo medre
un meniño, un vello e un cantar.

Un cantar de redención,
un vello e novo cantar,
que troque a desolación
nun limpo e claro alborear.

Sementar sementarei,
loguiño de clarear,
en tanto no pobo medre
un meniño, un vello e un cantar.

Logo, deixaime morrer,
entre dous regos, queimado,
cando veñan os solpores
dos homes esfameados.

Sementar sementarei,
loguiño de clarear,
en tanto no pobo medre
un meniño, un vello e un cantar.

Disco: Sempre e mais despois
Letra: Tradicional / Darío Xohán Cabana
Música: Tradicional / Ramón Díaz
Arranxos: Xoán Fuertes

Sonín vai e sonín vén
polo Carqueixedo
e adorméntame este neno.

Sonín vén e sonín vai
polo Carqueixal
para este neno adormentar.

Este neno que teño no colo
é dun amor que se chama Vitorio.
Dios que mo deu levaramo logo
por non andar co Vitorio no colo.

E rorró, meniño ro,
cunha tranquiña no cu
morrerán os demos todos
quedaremos eu e tu.

E rorró, meniño ro,
cunha palliña na man
imos ir os dous á feira
cando o sol rompa a mañán.

E rorró, meniño ro,
dorme xa meu galopín,
se non dormes no barrelo
durmirás cabo de min.

T

Disco: O Téqueletequele
Letra e música: Tradicionais

Non hai historia que lave
as falcatruadas dos amos.
Nin hai terra que nos chegue
onde poder enterralos.

Estamos no tempo de téqueletequele,
estamos no tempo de tequelexar,
estamos no tempo do téqueletequele,
estamos no tempo do liño mazar.

Non hai noite sin amencer,
non hai cadela sen rabo,
os cadelos nacen soios,
o amencer hai que ganalo.

Estamos no tempo de téqueletequele,
estamos no tempo de tequelexar,
estamos no tempo do téqueletequele,
estamos no tempo do liño mazar.

Coas maus de todos collidas,
e o medo baixo das pedras,
facemos nacer o día,
do funeral das miserias.

Estamos no tempo de téqueletequele,
estamos no tempo de tequelexar,
estamos no tempo do téqueletequele,
estamos no tempo do liño mazar.

U

Disco: O Téqueletequele
Letra e música: Fuxan os Ventos

Abre as portas da casa, amigo,
abre as portas, quero entrar,
traio a ialma e o corpo frío,
noite pecha comigo vai.

Cansa a ialma e o corpo frío,
leito e lume veño buscar.
Abre as portas da casa, amigo
abre as portas, quero entrar.

Neve mesta e o vento fende,
carambelo as bágoas se fan.
Lobos mouros de brancos dentes
sempre máis cerca sinto ouvear.

Non me deixes soia na noite,
non me deixes mudo o cantar,
berra ti, que o teu canto escoite,
dáme forzas no meu fraquear.

Logo á ialba, partirei cedo
e ista noite non hei lembrar.
Dáme a mau que hoxe teño medo,
dáme a mau e déixame entrar.

V

Disco: Noutrora
Letra: Tradicional
Música: Xoán Fuertes

Boas tardes, Maruxiña!
Vouche dicir unha cousa:
se tu me queres a min,
eu non me caso con outra.

Que te quero ben o sabes,
non precisas preguntar.
Hai un ano que che dixen
que me quería casar.

E vaite de aí,
xa podes marchar
que na miña vida
che volvo falar.

Ti tomaralo a risa,
pero eu dígocho de veras,
que ando buscando rapaza
e non topo quen me queira

Se non topas quen te queira
será porque eres malo,
e as rapazas terán medo
que non cumpras no traballo.

E vaite de aí,
xa podes marchar
que na miña vida
che volvo falar.

Dame un bico, Maruxiña,
non me fagas rabear,
que se me fai de noitiña
e téñome que marchar.

Agora queres un bico,
logo despois é un abrazo,
e así, pouquiño a pouco,
queres entrar no palacio.

E vaite de aí,
xa podes marchar
que na miña vida
che volvo falar.

Disco: Galicia canta o neno
Letra e música: Tradicionais

Vamos a Belén, amigos,
vamos que a noite esta clara!
Mingos leva as castañolas,
eo seu pandeiro Pascuala.

Ai, que Neno tan bonito!
que cariña tan galana!,
nunca Neno tan bonito,
viron as nosas montañas!

Disco: Galicia canta o neno
Letra e música: Tradicionais

Vamos, compañeiros,
vamos todos cara a Belén,
ver aquel rapaciño
que acabou de nacer.

Tiruliruri…

-Somos dous pastores chairegos
que vimos xunto ao Meniño;
traerlle unhas guedellas
para que quente o seu corpiño.

-Ao portal vimos correndo
dende a ribeira do Miño,
para ofrecerlle ao Noso Neno
un pelexo de bo viño!

-Somos mariñeiros, somos,
da terra de Camariñas,
ao Neno Xesús traemos,
uns peixes e sardiñas!

-Todos che regalan algo,
eu que che regalarei?
un pucheiro de manteiga
unha cunca de bo mel!

Disco: Galicia canta o neno
Letra e música: Tradicionais

Vamos, vamos, rapaciños,
cara a Belén, coa gaita do fol,
que dicen, naceu un Meniño,
máis bonitiño que un sol!

E dicen que non ten o probe,
nin camisiña que poñer,
as estrelas xa nos guían,
vamos, rapaces, vámolo ver!

Vamos cantando e ruando,
a mellor festa que hai,
que naceu o noso Neno,
Rei da Terra e do Mar.

En Belén hai moita festa,
tocan pandeiros e gaitas,
vámonos aló, pastores,
a tocar coas nosas frautas.

Vinde, vinde, rapaciños,
vinde, vinde a ver o Neno,
que envoltiño nuns carpaciños,
e nun portaliño pequeno.
Vinde a Belén, vinde, amiguiños, e correde,
correde, correde ben.

Disco: Galicia canta o neno
Letra e música: Tradicionais

Vinde, galeguiños, vinde,
vinde con pandeiro e gaita,
que un meniño moi riquiño
naceu hoxe na montaña.

Naceu un Neno moi mono,
naceu un Neno moi guapo,
e súa nai sequera tiña
nin un probe farrapo.

Vinde, galeguiños, vinde,
vinde con pandeiro e gaita,
que un meniño moi riquiño
naceu hoxe na montaña.

O Meniño está na neve
a neve faino tremer!
Meniño da miña alma!
quen che puidera valer?!

Vinde, galeguiños, vinde,
vinde con pandeiro e gaita,
que un meniño moi riquiño
naceu hoxe na montaña.

Disco: Galicia canta o neno
Letra e música: Tradicionais

Vinde ver o neno,
que esta espidiño
e acurrucadiño
ao pe dos seus pais.

E máncano as pallas,
en que esta deitado,
e o noso pecado,
aínda o manca máis.

O Meniño, pequeniño,
entre unhas pallas se ve,
como o Neno é tan pequeno,
aínda non se ten de pé.

isteAi, que Neno, ai que Meniño,
ai que ganiñas me dan,
de comerlle a cara a bicos,
de gordo e branco que está

Disco: Pelo Gato 24
Letra e música: Tradicionais
Arranxos e adaptación: Paulo Nogueira e Magoia Bodega

Pon o pote ao lume, meu irmán.
Pon o pote ao lume que aí vén Xan.

Heiche de contar un conto
de vinte e cinco mentiras:
polo mar andan as lebres
e polo monte as sardiñas.

Sementei na miña horta
a semente dun repolo
e naceume unha ovella
cunha pataca nun ollo.

Pon o pote ao lume, meu irmán.
Pon o pote ao lume que aí vén Xan.

Teño uns zapatiños novos
de sola de chiculate,
os lazos de caramelo
mira ti que disparate.

Alá arriba naquel monte
teñen un porco colgado
e o que queira chourizos
que lle tire polo rabo.

Fun ao monte por sardiñas
fun ao mar cargar de toxo,
polo monte fun nadando,
polo mar nun burro coxo.

Isto trata dun cabalo
que dá voltas a unha nora
tropezou, caeu o cabalo
e así remata esta historia.