Fuxan os Ventos foi un acontecemento novo e dunha importancia enorme. Tivo unha actuación intensísima e chegou a milleiros e milleiros e milleiros de persoas. É un grupo esencial, e cando todo estaba, coma quen di, empezando, nos tempos heroicos da canción galega, foi realmente un dos fitos máis máis grandes da nosa historia cultural.
Darío Xohán Cabana, poeta
Fuxan os Ventos é un grupo que tivo a toda Galicia como auditorio.
Miguel Lustres, músico, colaborador en Terra de Soños
As súas cancións configuran unha parte da memoria cultural, mesmo da memoria política da historia contemporánea do país.
Luís Álvarez Pousa, xornalista e poeta, autor de Sementeira
Cumpriron a misión de rescatar toda aquela música popular que estaba perdida nas aldeas. Neles hai moita vocación de populismo, no mellor sentido da palabra, a vocación de darlle transcendencia á xente do pobo.
Uxía, cantante, colaboradora en Terra de Soños
Para o futuro do país necesitamos a Fuxan os Ventos.
Marica Campo, poeta
Unha nova maneira de entender a música popular que tivo moito gancho e moita aceptación no pobo, porque as súas cancións eran cantadas por todo o mundo.
Pepe Ferreirós, músico de Milladoiro, colaborador en Terra de Soños
Fuxan os Ventos non é só un grupo musical, é unha icona, algo que a xente ten no seu cerebro moi ancorado. Somos o que somos porque escoitamos as súas cancións.
Xosé Lois Romero, músico, director musical de Terra de Soños
Fuxan os Ventos representan un movemento social importante nunha Galicia na que imperaba o silencio.
Mercedes Peón, cantante, colaboradora en Terra de Soños
Algo das palabras grávase no vento. Sempre e mais despois.